venres, 16 de outubro de 2015

Lenda da moura de Tapada do Almestro

O lugar onde se sitúa a seguinte lenda é no concello de Sober, no concello de Sober, na provincia de Lugo.

Contan os veciños que na zona de Almestro de Sober, andaba un rapaz traballando a terra  cando viu unha muller fermosa collendo auga no regato, de primeiras, non lle fixo caso ningún, pero rematou por namorarse dela de tanto mírala.Cando a rapaza volvía cara a pena, púxose fronte dunha pena, pronunciou unhas verbas, abriuse, entrou e pecháronse as pedras tras dela.

O rapaz quedou abraiado.Pasou o tempo e non tiña novas daquela fermosa rapaza envolta en misterio.
E un día a piqués de anoitecer a pena abriuse de novo e apareceu a moza.Sentouse á carón do mozo e contoulle a súa historia... Disque ela estaba enfeitizada, e por iso vivía pechada na cova chea de ouro.E só se rompería o feitizo se facían o que ela dicía...
O rapaz, tolo de amor, fíxose voluntario.

Tiñan un plan.Cando a lúa chea estivera pousada enriba do monte, ela aparecería en forma de serpe, el cuspiríalle na cabeza e o feitizo quedaría anulado. 
O día acordado o rapaz estaba disposto a todo por ela mais cando chegou a hora e escoitou do penedo un ruído que en realidade era a moza en forma de serpe,tivo tanto medo,que votou para a súa casa correndo, deixando quedar á moza co seu feitizo.








Aínda hoxe, no rego do Bao, dinque se escoita laiar unha moza, e que nas noites de lúa chea, oese o ruído da moura, que agarda a un mozo para que o seu amor séxa máis forte ca o medo.