Na actualidade todo o mundo conta co seu propio coche e moi pouca xente utiliza o transporte publico, como o autobus ou o ferrocarril.
Ata non fai moito, en Galiza non se falaba mais ca da chegada do AVE, mais cando se inaugurou a liña A Coruña-Ourense foi todo un acontecemento. Nesta entrada falarase da liña Ferrol-Betanzos, que a día de hoxe continua en funcionamento, e tamén falarei da súa historia e das estacións.
O trazado da liña comezouse dende a estación de Betanzos Infesta. Esta estación xa fora inaugurada o 12 de Outubro de 1875, na liña A Coruña-Lugo. Os habitantes da comarca de Ferrolterra e as comarcas veciñas reclamaban a chegada do ferrocarril a cidade de Ferrol, non so porque era todo vantaxes en canto a mobilidade de mercadorías e persoas, senón tamén porque Ferrol era unha cidade importante e non contaba con ferrocarril, a parte de que tamén tiña a industria naval e era necesario o transporte de mercadorías por terra. A chegada do ferrocarril a esta comarca tamén supuxo o fin do illamento no que vivían a maioría dos galegos, posto que naqueles tempos non había camiños asfaltados, nin coches como hai agora. A xente podería viaxar a outros lugares de Galicia, inclusive a meseta castelá, porque o tren era o transporte de moda e mais rápido da época. Ao final a liña inaugurouse o 13 de Maio de 1913.
Na construción da vía participaron moitas persoas dos pobos por onde pasaba o trazado, aportando cartos e traballo. As mulleres tamén tiveron un papel fundamental, xa que elas transportaban pedras que portaban nun cesto na súa cabeza.
Agora citarei as estacións correspondentes a esta liña describindo a súa arquitectura e situación actual.
A estación de Betanzos Infesta:
Estación de Betanzos-Infesta na actualidade.
Esta estación fundouse en 1875. Ao comezo so cubría o servizo entre A Coruña e Lugo, pero no 1913 incorporóuselle unha nova liña, a de Betanzos-Ferrol. A estación esta situada nun pobo do concello de Betanzos chamado Infesta. A estación conta cunha casa de planta baixa e unha superior. Na parte baixa
esta situado o acceso, e mais a oficina onde se mercan os billetes, que a súa vez conta cunha sala de espera. A planta superior era onde vivía o xefe da estación antigamente. A carón da casa, no exterior, hai outra casa pequena de planta baixa, que é a cafetería da estación. O exterior conta con catro vías e tres apeadoiros. Os apeadoiros a súa vez contan cunha cuberta.A estación tamén conta cuns apartadoiros para separar vagóns de mercadorías. Esta estación foi moi importante dende a súa fundación e segue sendo aínda hoxe, xa que conta con moita actividade ferroviaria, porque pasan moitos trens de mercadorías cara a Monforte de Lemos, A Coruña e Ferrol. Tamén ten lugar o cruce entre trens de media distancia ( A Coruña-Monforte de Lemos, Ferrol-A Coruña), e tamén porque alí paran os trens de pasaxeiros de longa distancia, tanto diúrnos coma nocturnos ( A Coruña-Barcelona, e Ferrol-Madrid).
A estación de Betanzos-Cidade:
Estación de Betanzos-Cidade na actualidade.
Esta estación fundouse en 1913 coa inauguración da liña Betanzos-Ferrol. Esta estación foi moi importante na súa época porque esta preto do casco vello de Betanzos e polo tanto a poboación tiña o transporte mais preto. A infraestrutura esta construída en forma curva e situada entre o río Mandeo e a vía que baixa dende Infesta. A estación conta cunha casa de planta baixa e un andar, que farían as funcións ca a estación de Betanzos-Infesta. A carón da estación atopase unha casiña, que era onde o persoal de mantemento se gardaba mentres o tren non chegaba. Ao outro lado atopase un almacén que antigamente usábase para gardar as mercadorías. A construción conta con dúas vías e dous apeadoiros. Por onde esta situado o almacén había apartadoiros. No ano 2002, a estación sufriu unha serie de reformas. Reconstruíuse a vella estación, pero a vez a casa pechouse cara o público e non funciona na actualidade, tamén levantaron os apartadoiros do almacén. Aínda que a estación non lle funcione a casa, segue sendo lugar de cruzamentos entre trens de media distancia ( Ferrol-A Coruña), e ademais paran os trens de longa distancia, tanto diúrnos coma nocturnos (Ferrol-Madrid).
A estación de Miño:

Estación de Miño ( imaxe antiga ).
Estación de Miño na actualidade ( sen servizo ).

Apeadoiro de Miño.
Esta estación fundouse en 1913. A estrutura contaba cunha casa con planta superior, unha casiña e un almacén. No exterior contaba con dúas vías para cando se cruzaban os trens, tamén un apartadoiro que ía ao almacén. A estación antiga estaba situada na periferia do pobo, onde esta a estrada que vai para Betanzos e A Coruña. A comezos dos anos 2000, a estación cambiou de sitio e trasladarona ao centro do pobo, cambiandoa por un apeadoiro. O apeadoiro conta co servizo Ferrol-A Coruña. A antiga estación foi transformada nunha discoteca, no seu exterior construiron un valo para separala da vía principal, e no lugar onde paraba o tren, fixeron un xardín.
O apeadoiro de Perbes:

Apeadoiro de Perbes.
Este apeadoiro foi fundado en 1913. A diferenza das estacións que xa vichedes, é que é un simple apeadoiro e non conta coa casa e demais cousas que contaban as demais estacións. Este apeadoiro situado nun núcleo rural, conta cunha marquesiña de pedra e unha vía única. Neste apeadoiro paran os trens da liña Ferrol-A Coruña. Aínda que o número de viaxeiros neste apeadoiro é escaso.
A estación de Pontedeume:

Estación de Pontedeume na actualidade.

Estación de Pontedeume o día da súa inauguración.
Esta estación fundouse en 1913, e esta moi preto do casco antigo da vila. A estación na actualidade segue tendo un número de viaxeiros considerable e segue sendo importante. O edificio esta en desuso, pero en bo estado de conservación, tamén conta coa casiña do persoal de mantemento. O exterior ten dous apeadoiros e un apartadoiro en desuso. Nesta estación, ao igual cas de Betanzos, paran os trens de media distancia (Ferrol-A Coruña), os trens de longa distancia, diúrnos e nocturnos (Ferrol-Madrid), e trens de mercadorías.

Construción da ponte do tren sobre o río Eume.
O apeadoiro de Cabanas:

Apeadoiro de Cabanas ( imaxe actual en branco e negro ).
Este apeadoiro fundouse en 1913. Na actualidade presenta un contraste de viaxeiros según a época do ano, porque esta situada fronte a praia da Madalena, e nunha zona de veraneo. No inverno non presenta viaxeiros, sen embargo, no verán e moi frecuentada por mor da xente que vai a praia. O apeadoiro é igual ca o de Perbes e Miño, so que este presenta unha casa de planta baixa, onde antigamente mercaban os viaxeiros os billetes pero, a día de hoxe esta en desuso. O exterior é tamén simple, pois so ten unha vía.
A estación de Franza (sen servizo):
Estación de Franza na actualidade.
Esta estación foi fundada en 1913. Na actualidade esta fora de servizo. Como se aprecía na imaxe conta con todos os elementos antigos citados nas anteriores estacións. Antigamente tiña dúas vías e apartadoiros, pero a día de hoxe foron levantados, e so queda a vía principal. En canto a estación, a RENFE tena alugada e é unha casa particular, por iso tamén esta arrodeada por un valo.
A estación de Barallobre:
Estación de Barallobre na actualidade.
A estación fundouse en 1913. Na actualidade esta en funcionamento, pero sobe e baixa pouca xente. So para o tren de media distancia. Antigamente contaba coa casa principal (a que se ve na imaxe), a casiña e un almacén. A maiores tiña duas vías por se sé cruzaban os trens, incluso tiña cafetería. Durante os anos 90 abandonouse a infraestrutura, quedando soamente de apeadeiro. Pero a mediados dos anos 2000, renovouse toda a infraestrutura, pintando a fachada dos edificios, derrubando o almacén e levantando a doble vía. Despois pechouse cun valo o recinto deixando fora un apeadoiro coa súa marquesiña, e dentro acondicionouse o chan, dando lugar a un parque de educación viaria para os cativos.
O apeadoiro de Perlío:

Apeadoiro de Perlio na actualidade.

Antiga estación de Perlío, situada onde esta o actual apeadoiro.
Como se mostra nas imaxes, o apeadoiro non mostra nada do que foi a estación no seu momento. A estación presentaba o mesmo aspecto co que tiñan e teñen algunhas estacións desta mesma liña. Nos anos 90, RENFE decidiu derrubar toda a estación, que non prestaba servizo, e sustituila por un apeadoiro, cunha marquesiña de cemento. Aínda que conservou o bar que tiña a estación. No lugar onde esta o almacén e por onde pasaba a outra vía, foi cedido ao concello para que construise un parque que aínda existe na actualidade. Pero o apeadoiro índa sufriu outra reforma a mediados dos anos 2000, cando a marquesiña de cemento foi sustituida por unha de cristal e o bar que estaba abandonado e cuberto de silvas, foi derrubado. Tamén construise un aparcadoiro detras do apeadoiro. A día de hoxe segue en funcionamento, pero o número de viaxeiros e escaso, de feito so paran os trens de media distancia.
A Estación de Neda:

Estación de Neda na actualidade.
Estación de Neda (comezos do século XX ).
Esta estación segue conservando a súa estrutura e a doble vía, xunto cos apartadoiros en desuso. A estación ten paradas reducidas dos trens de media distancia, posto que o número de viaxeiros é escaso. Aínda con iso, segue desempeñando un papel fundamental, dado que producense cruzamentos sobre todo polas mañas, cando se cruzan os trens de longa distancia. A estación situase a carón da Ría de Ferrol.

Imaxe antiga da ponte do tren sobre a Ría de Ferrol.

Imaxe actual da ponte.
A estación de Ferrol:

Entrada a estación.

Apeadoiros da estación.

Vista aerea dos apeadoiros.

A estación compartiana a empresa RENFE e FEVE. Na actualidade son a mesma empresa.
Imaxe dunha postal da estación a comezos de século.

A finais dos anos 60, a empresa FEVE, chegou a Ferrol e a estación ampliouse ata acadar o estado actual, porque tiñan que gardarse os trens das dúas empresas.
O tren chegou a esta estación o 5 de Maio de 1913, procedente de Betanzos-Infesta. A súa chegada supuxo toda unha revolución para unha cidade tan importante, tamén poñiase fin ao illamento. A infraestrutura esta situada nas periferías da cidade, naqueles tempos. Hoxe esta situada no centro xa que o casco antigo esta a dous minutos a pé. Tamén esta ben situada porque construiron con posterioridad a estación de autobuses a carón.
Como vedes nas imaxes, a estación a comezos era pequena, coma a dun pobo. Nos anos 60 ampliouse mais coa chegada de FEVE. Ferrol a nivel de pasaxeiros sempre foi ben, pero tamén a nivel de mercadorías, posto que por debaixo do barrio de Canido pasa un túnel que comunica a estación co porto antigo. Este túnel utilizouse moito ata mediados dos noventa para transportar mercadorías. Coa construción do porto exterior e o xurdimento de novos transportes, quedou en desuso. Pero no 2010, volveu retomar o seu uso.

Imaxe antiga do túnel saíndo no porto antigo, detras vese o barrio de Canido.

Imaxe actual, agora a vía pasa a carón da autopista.
A estación de Ferrol tivo a súa última modificación no 2004. Cando RENFE construiu novas vías e ampliou a zona de mercadorías. Todo isto fisoxe porque pretendían que chegase o AVE a Ferrol. A proposta do AVE é dificil. Primeiro porque non hai cartos, e segundo porque o trazado sería un desastre contra a natureza e non hai sitio tampouco para introducilo pola cidade. Tamén hai unha proposta para o trazado ferroviario ata o porto exterior, que é outro tema que esta na mesa.
O tren cada vez se esta a utilizar menos. O trazado ferroviario Ferrol-Betanzos necesita unha renovación, porque é unha vía única e esta sen electrificar. Ademais os horarios de trens melloraron algo, incluso puxeron mais trens. Pero o problema é ese, o trazado.