sábado, 21 de maio de 2016

¿Que é Galiza?

Que será Galiza para unha persoa. Un anaco de terra situado ao noroeste da Península Ibérica, un sentimento, unha nacionalidade, un nome.... ¿Que é Galiza?.

Galiza é un nome, pero un nome que di moitas cousas. Como é a xente ca a habita, a maneira de vivir, de gozar, de ser.
Durante moitos séculos tanto en España, coma en América, a palabra galego, que é un xentilicio de Galiza pois significa persoa que naceu en Galiza ou é deste lugar, significaba burro, é dicir persoa que non tiña coñecemento algún, ou que era ignorante. Os casteláns naqueles tempos descoñecían que o rei Alfonso X o Sabio escribía poemas en galego, é mais, o galego pusose de moda na Idade Media como lingua para escribir poemas.
A marxe desta explicación, Galicia é un territorio, que coma calquera outro ten a súa cultura, e diferenciase  do resto de Comunidades Autónomas, non so xeograficamente porque estea separada de Castela polos Ancares e O Courel, senón porque ten unha cultura propia así como a lingua e o folclore. Cando un foráneo chega a Galiza queda asoballado pois a súa xeografía impacta moito, a súa gastronomía  gústalle e é difundida por todo o mundo, os percebes, os meixóns, as centolas,todo o produto galego.
Os turistas aprenden a bailar muiñeiras, que é un baile típico galego. Isto gústalles e apréndena porque o ritmo e a música chaman ao baile. Galicia para ser unha rexión pequena, ten varios climas. Mentres que na costa predomina o clima oceánico, que é o que predomina na nosa comarca, no interior, concretamente na provincia de Ourense, predomina o mediterráneo continental, é dicir, que unha persoa pódese sentir coma nunha praia do mediterráneo sen saír de Galiza. Se esa persoa quere refrescarse, pódese bañar sen saír da cidade, porque o río Miño ten unhas augas moi frías e que ademais son boas para a saúde porque curan o reuma e melloran a circulación do sangue.
Outra cousa boa que ten Galiza e que senón se toma conciencia pode desaparecer, é a fauna e a vexetación. Seguro que moita xente escoitou falar de rutas de senderismo en contacto coa natureza, e esas persoas tiveron que saír de Galiza para facelas. Non fai falla saír de Galicia pois nesta terra hai paisaxes naturais lonxe do ruído e da xente, como as Fragas do Eume, a ruta da Ribeira Sacra, etc.... Nesas paraxes naturais atópanse arbores e animais que non se atopan en calquera sitio e so escoitas o ruído da natureza, en total harmonía.

En definitiva. Galiza é unha terra fermosa, cunha xente boa e xenerosa que ala onde vai adaptase, cunha gastronomía inigualable, e cunha paisaxe cuxa imaxe é de película. Porque Galiza ten o Amazonas galego, que son as Fragas do Eume. Porque Galiza ten a Notre Dame galega, a catedral de Santiago de Compostela. Porque Galiza ten o Escorial galego, que é Santa María de Oseira. Porque Galicia ten tantas cousas similares as que hai no mundo que non chegaría un folio para citalas. En definitiva, Galiza namora.


Ningún comentario:

Publicar un comentario