No S.XIX, en todas as nacións e pobos do mundo, dáse o movemento do nacionalismo, incluso algúns pobos chegan a independizarse dos grandes imperios e chegan a constituírse como nacións. Galicia non vai quedar atrás.
No ano 1230, Galicia deixa de ser un reino independente e pasa a integrarse na coroa de Castela. Pero seguiu mantendo o seu nome. Co reinado de Carlos I, toda a Península Ibérica quedou unificada baixo o nome de Reino de España, agás Portugal. Entón no ano 1528, o rei crea a "Xunta do Reino", que representaba a Galicia nas Cortes de Castela.
Este órgano de goberno mantívose nos vindeiros séculos. Pero no ano 1833, tras a morte do rei Fernando VII. A súa muller María Cristina, asumiu a rexencia da coroa durante a minoría de idade da súa filla Isabel.
María Cristina eliminou a "Xunta do Reino" e impuxo un sistema de provincias, as actuais (A Coruña, Lugo, Ourense, e Pontevedra).
Neste mesmo século xorden en Galicia distintos movementos políticos, xa sexan sobre o nacionalismo galego, ou contra o sistema caciquil e os foros.
Estes movementos son:
-Agrarismo: Este movemento pretendía acabar co sistema de foros, e tamén que o campesiñado, que era a clase mais abundante en Galicia, accedese a propiedade das terras.
O foro era un sistema de arrendamento de terras. Estas pertencían a unha institución coma a Igrexa ou os nobres. Os campesiños tiñan dereito a traballalas e explotalas ao seu antollo, pero, a decima parte da colleita tiña que ser cedida aos mosteiros ou nobres, que eran os donos das terras. Quedando eles con pouca cousa e pasando fame.
-Rexionalismo: Este movemento é o xerme do actual nacionalismo galego. Nesta época estaba en contra do sistema caciquil e do centralismo político. Divídese en tres correntes:
·Liberal: Esta corrente estaba liderada por Murgía, o home da primeira escritora galega que iniciou o "Rexurdimento da literatura galega", chamada Rosalía de Castro. Esta corrente non aceptaba unha centralización política-económica-cultural de Galicia. Tamén defendía o poder lexislativo de Galicia.
·Provincionalismo: Non aceptaba a división provincial que se lle dera a Galicia. Esta corrente promulgaba a unificación das catro provincias nunha única provincia chamada Galicia.
·Tradicionalista: Estaba liderada por Brañas. Esta corrente era conservadora, pois pretendía restablecer o antigo orde político e social.
-Federalismo: Este movemento xorde coa proclamación da I.República de España. Esta república foi federal, ademais os presidentes do goberno, que se sucederon ao longo do ano, eran do Partido Republicano Federal. Aínda que a República so durou un ano. Nese tempo Galicia foi un estado federal. Pero Pereira, que lideraba este movemento acó e que a mais era membro deste partido, apostaba polo futuro Estado Galego.
Nos anos trinta do S.XX, proclamouse a I.I.República de España. En Galicia sucedeu un feito que se contase con máis apoios, Galicia sería outro cantar. Foi a proclamación da I.República de Galicia.
Corría o mes de Xuño de 1931. O progreso da industria e máis do ferrocarril chegaba tarde a Galicia, debido a súa orografía.
Estábase a construír a línea do ferrocarril entre A Coruña e Zamora. A maioría dos obreiros eran de orixe labrega porque viñan das aldeas vindeiras por onde transcorría a línea. Estes obreiros traballaban sen parar e cobraban un salario escaso. Entón, o goberno paralizou as obras por mor de que o Estado non tiña cartos para investir nesa infraestrutura, polo crack do 29. Na cidade de Ferrol, nos estaleiros, redúcense traballadores, polo mesmo motivo que o primeiro.
Isto provocou que o 25 de Xuño se proclamase unha Folga Xeral por parte dos obreiros de Silleda e os labregos do Ulla, a tres días antes das Eleccións Lexislativas, en Santiago de Compostela. Ese mesmo día a noite, na cidade de Ourense, un rapaz toma o concello e colga a bandeira galega e faise a 1º Proclamación Obreira da República Galega, que despois seguen os demais obreiros da cidade. O 26 de Xuño prodúcese a Asemblea Obreira en Santiago de Compostela, e outra en Ourense. Toman as seguintes medidas:
-Deixar de pagar impostos a República.
-Abstención nas eleccións xerais do día 28 dese mesmo mes.
-Dimisión das autoridades provinciais.
-Implantar unha revolución a partir dunha Folga Xeral.
O día 27 prodúcese a Folga Xeral en Santiago de Compostela. Alí aí unha manifestación e asemblea popular obreira polas súas rúas. A manifestación rematou na casa do concello. Onde Alonso Ríos é proclamado líder da Xunta Revolucionaria da República, e este a súa vez proclamou a República de Galicia. Este tamén animaba a revolución e a independenza do territorio galego, incluso dicía de unir Galicia a Portugal.
Ao final, o 1 de Xullo, tras as eleccións lexislativas, reanudaronse as obras do ferrocarril, e tamén desapareceu a I.República Galega, que so durou unhas horas, debido a que a noite do día 27, Alonso Ríos devolveu o poder as autoridades republicanas, tamén por falta de apoios noutras cidades galegas.
En Decembro dese mesmo ano, fundase o Partido Galeguista, que reclamara no ano 32 o Estatuto de Autonomía. Finalmente se lle concedera no ano 36, pero non entrara en vigor por mor do estalido da Guerra Civil (1936-1939).

Manuel Murguía, quen promoveu o movemento do rexionalismo-liberal.

Alfredo Brañas, quen promoveu o movemento do rexionalismo-tradicionalista.

Aureliano Pereira, quen promoveu o movemento do federalismo.

Antón Alonso Ríos, quen proclamou a I.República de Galicia.