sábado, 23 de xaneiro de 2016

As revoltas irmandiñas

Sempre tomamos como modelo a Revolución Francesa para referirnos a loita dun pobo contra a nobreza e a Igrexa, un pobo que loitou polos seus dereitos e que grazas a el temos unha democracia na maioría dos países, e unha serie de dereitos que son intocables. Pero a Revolución Francesa aconteceu no século XVIII. Sen embargo, no século XV, un pobo europeo do noroeste da Península Ibérica fixo o mesmo cos franceses. Ese pobo era Galicia.

Para saber as causas desta revolta aí que remontarse ao ano 1230, ano no que Galicia únese as coroas de Castela e León. Perdendo así a súa independenza como reino, aínda que conservou o seu nome.






















Mapa do antigo Reino de Galicia


No século XV xorde neste territorio as Irmandades. A primeira xorde no ano 1431, nas terras do Eume e Ferrol, cuxas terras pertencían aos señores de Andrade. Este grupo chamábase a Irmandade Fusquenlla, e estaba dirixida polo fidalgo Roi Xordo, e tamén estaba formada por campesiños e burgueses.Aí que ter en conta que o campesiñado era de clase baixa e a burguesía era case inexistente porque estaba comezando a formarse, ademais, a fidalguía era a clase mais baixa dentro da nobreza. 
Esta irmandade rebelouse e levantou armas contra Nuno Freire de Andrade. Ao final esta revolta foi freada no ano 1435.

No ano 1467 na praza de Melide nace a Santa Irmandade de Galicia, que se consolida como poder de Galicia e exisenlles aos nobres que lles dean os seus castelos e fortalezas. Moi poucos aceptaron e entón comezou a revolta. Ante esta situación, os nobres galegos exiliáronse para o norte de Portugal, ou para Castela.
Pero ¿Por que o rei de Castela non freou a revolta e permitiu que perdurase 2 anos?.
Cando xorde a revolta castelá estaba en guerra civil. A guerra foi porque o infante Alfonso quería o trono de Castela e estaba apoiado pola nobreza galega. Pola outra banda, o rei de Castela que era Henrique IV, apoiaba aos irmandiños co fin de que o apoiasen no seu posto.

O exército irmandiño estaba formado por 80.000 homes, na súa maioría campesiños e burgueses. Estes durante a revolta adicábanse a derrubar os castelos e as fortalezas. Tiñan dúas formas:

-Cavar baixo os castelos un buraco e rechealo de trapos e despois prenderlle lume. Desta maneira a estrutura comezaba arder por abaixo e remataba derrubándose soa.

-Derrubabano pedra por pedra.

No ano 1469, os señoríos exiliados comezan a contraofensiva. Dende o norte de Portugal, veu o exército de Pedro Madruga, da casa de Soutomaior. A maioría do exército estaba formado por portugueses. Dende Salamanca veu o exército do  arcebispo de Fonseca, que viña acompañado do de Juan Pimentel. Estes exércitos reuníronse nas proximidades de Santiago de Compostela.
Por outra banda, dende Ponferrada veu o conde de Lemos na compaña de Pardo de Cela, e chegaron ata Monforte de Lemos.
Estes exércitos que viñan do exilio fixéronlle fronte aos irmandiños que estaban dirixidos pola baixa nobreza (fidalgos), como Diego de Lemos, Alonso de Lanzos, ou Pedro Osorio.

A ultima batalla que puxo fin a Revolta Irmandiña, tivo lugar no monte da Almafía, as aforas de Santiago, nese mesmo ano.
Aí que ter en conta que esta cidade resistiu tres meses contra os exércitos. Sera por iso que na actualidade é a capital de Galicia, ademais de por ser cidade santa, porque nela esta enterrado o apóstolo Santiago, de aí o seu nome.

Unha vez finalizada a revolta. Os nobres voltaron as súas posicións e vingáronse dos campesiños obrigándoos a reconstruíren todos os castelos derrubados. Pero mais tarde coa política centralista dos reis católicos, a nobreza galega perdeu poder e foise extinguindo. Coa represión dos irmandiños Galicia renunciou a ser gobernada por burgueses como se faría no vindeiro século na maioría de Europa.

Como podedes ver, xa antes da Revolución Francesa houbo un pobo que se rebelou contra os tirans e loitou polos seus dereitos, aínda que a revolta non tivo éxito. e Galicia tivo que esperar ata metade do século XIX para comezar outra vez a rebelarse, pero de maneira escrita, non bélica.


Ningún comentario:

Publicar un comentario