Como consecuencia disto os romanos dominaron Lusitania.

Mapa das provincias romanas en Hispania.
Pero, Viriato tiña un fillo, chamado Viriatiño que por aquela contaba con 17 anos. Cando asasinaron ao seu pai fuxiu da provincia hacía o norte, aínda sen dominar, pois a súa vida corría perigo porque tanto os romanos coma os lugartenentes querino matar por ser fillo de Viriato.
Viriatiño cruzou o río Miño e instalouse nun castro preto do río Limia. Alí contoulles aos castrexos que había xente extranxeira dominando a súa terra e que pronto chegarían a esas terras, amais contoulles o que lle acontecera a seu pai. Pola noite Viriatiño pensou unha cousa, faría o mesmo ca seu pai, adicaríase a previr aos pobos sen conquistar, así, cando chegasen os romanos xa estarían preparados para combatilos.
Pasaron os meses. Unha tarde Viriatiño estaba cos castrexos/as recollendo castañas a beira do río Limia cando viu uns lexionarios romanos acampando ao lonxe da outra beira do río. Por sorte ese mesmo día comezou a chover con moita forza e o caudal do río encheuse e os romanos non puideron cruzar. Xa pola noite, Viriatiño díxolles aos castrexos que aqueles homes da outra beira eran os romanos. Entón a xente comezaba a prepararse para a guerra, incluso as mulleres. Viriatiño lembrouse de que os romanos eran moi supersticiosos e inventou unha mentira para evitar que os romanos cruzasen.
Pola maña cedo, o poboado enteiro dirixiuse a beira do río e ao pouco apareceron os lexionarios a outra beira dispostos a cruzar. O druída do castro narroulles a historia inventada por Viriatiño en latín, pois Viriatiño sabía algo. O druída díxolles que se cruzaban o río esqueceríanse de todo. Entón os lexionarios voltaron para o campamento.
O xefe dos lexionarios non quedou moi convencido e unha noite acenderon as antorchas e foron a beira do río. O xefe cruzou primeiro e xa dende a outra beira dixo o nome de cada un dos seus lexionarios demostrando que o que dixeran os castrexos era mentira.
Río Limia
Unha vez cruzados todos decidiron atacar, saquear e queimar o castro, e así foi. Morreron todos agás Viriatiño que escoitou galopar os cabalos e fuxiu a toda présa sen darlle tempo a dar a voz de alarma.
Viriatiño foi advertindo por todos os castros da actual Galicia que as súas terras, as súas familias e os seus fogares corrían perigo. Ao final instalouse nun castro preto do actual Cabo Fisterra. Alí acollerono bén e coñeceu a unha rapaza coa que casou, que era filla do xefe do castro. Cando o seu sogro morreu, el foi nomeado xefe do castro. E advertíulles o mesmo que xa lle tiña advertído a moitos castrexos dese territorio. Que unhas xentes extranxeiras chamadas romanos andaban a conquistar o territorio e que non tardarian en chagar alí.
Pasaron os anos. Viriatiño xa tiña 25 anos, e a súa muller esperaba un fillo. De súpeto, un día apareceron as lexións romanas. Pero a sorpresa de Viriatiño foi que as lexións eran moitisimas e ademais ian moi bén armadas. A Viriatiño pesoulle moito como xefe do castro ter que dicirlles aos castrexos que tiñanse que someter ao poder dos romanos, a pesares de que entrenaran para loitar. E así foi.
Os castrexos deste castro máis os dos castros veciños foron obrígados a vivir en cidades cos romanos.
Viriatiño non se acostumaba a vivir na cidade. Un día camiñando pola rúa topouse cunhas persoas que non olvidara xamáis. Resulta que topou cos lugartenentes que asasinaran a seu pai. Eles ian vestidos de lexionarios polo que Viriatiño deduciu que adedicábanse a conquistar cos romanos e tamén que eles non se lembraban del.
Viriatiño non o pensou dúas veces e aínda que o condearan a morte xurouse a si mesmo que vingaría a morte do seu pai.
Viriatiño organizou revoltas castrexas na cidade e coa axuda duns castrexos colleu os lugartenentes e atounos a unha columna de madeira no medio do Ágora da cidade e queimounos vivos. Isto fixo que os romanos o levarán preso xunto cos castrexos que o axudarón. O pretor da provincia mandou unha carta ao emperador contandolle o sucedido, cuxa resposta foi que executaran a Viriatiño e aos castrexos que o axudaran. Pero Viriatiño dixo que só o executaran a el pois el foi o que tramara a vinganza e organízara as revoltas. O pretor aceptou e Viriatiño foi levado as afóras da cidade, ao actual Cabo Fisterra. Alí íanlle clavar un gladio no costado. Cando ía o lexionario a proceder Viriatiño dixo: "Prefiro quitarme a vida antes de que ma quite un romano e me avergoñe diante do meu pobo", e Viriatiño tirouse por un acantilado e morreu.
Cabo Fisterra
Aos poucos días disto, o fillo de Viriatiño foi asasinado por orde do pretor e así evitar unha futura vinganza como o caso do seu pai. A muller de Viriatiño e os castrexos que o axudaran na vinganza foron levados a Roma e alí foron vendidos como escravos. A muller foi parar a casa dunha familia de patricios no Fayum (actual Exipto). Os castrexos morreron no Coliseo porque foron botados aos leóns.