A seguinte historia transcorre na parroquia de Perlío, no actual concello de Fene , no castro de Cardoeiro (hoxe desaparecido).
Antes da chegada dos romanos vivían neste castro unhas cen familias castrexas. Os días transcorrían con normalidade, os homes saían do poboado a cazar, as mulleres tecían e coidaban dos fillos e fillas e facíanse cerimonias relixiosas.
Mais un día polo S.I.a.C todo cambiou. Dende os castros veciños que se espallaban arredor da Ría de Ferrol, viron que pola boca da ría entraban unha flota de barcos extranxeiros. Os castrexos quedaron abraiados pois eran barcos de dimensións espectaculares, que comparados coas súas pequenas embarcacións gañábanlles amplamente.
Os xefes dos poboados andaban coa mosca tras da orella, pois esas xentes que entraban na ría eran extranxeiros e non podían querer nada bo. Os barcos atracaron na actual praia de San Valentín.
Praia de San Valentín (Fene)
Esas xentes fóraneas comezaron a explorar o territorio cara ao seu interior, entón os habitantes do castro de Cardoeiro, mais perto da praia, foron loitar contra esas xentes que dicían chamarse romanos e todos eles eran homes que querían conquistar esas terras en nome de Roma.
Os castrexos non podían consentir ser dominados por outros pobos e tampouco que lles arrebatasen as súas terras, terras dos seus antepasados. Entón os homes e mulleres castrexos loitaron contra os romanos, que non conseguiron dominar esas terras e marcharon co rabo entre as pernas.
Pasou o tempo e un día, de súpeto, os castrexos viron chegar uns vinte barcos coma os dos romanos entrando pola boca da ría,
Ría de Ferrol
entón volveu a estalar a guerra, pero cando os homes do castro de Cardoeiro baixaron dispostos a espantalos de novo topáronse con que eran máis de cincocentos homes liderados por Xulio César, entón voltaron para o castro.
Os romanos estableceron un campamento na praia de San Valentín e comezaron de novo a explorar e a tentar conquistar. O xefe do castro de Cardoeiro consultou co Druída do poboado e este díxolle que se reunira a todos os castros veciños e lle declararan a guerra aos romanos.
Unha vez reunidos os castros de Cardoeiro, Barallobre e Sillobre, foron contra os romanos e asaltáronos en plena noite, pero a pesar disto os romanos non se renderon e seguiron contra os castrexos, pero era inútil pois os castrexos eran máis fortes e coñecían mellor o terreo. Entón os romanos quixeron chegar a un acordo.
Os castrexos daríanlles todo o seu ouro e eles marcharían, pero estes negáronse e continuaron pelexando contra eles ata que ao final acabáronse por render e marcharon. Pero tentaron someter aos castrexos veciños, espallados polos arredores da ría de Ares e Betanzos, estes xa estaban preparados para loitar, pois corría o rumor de que os romanos estaban a conquistar os territorios veciños. Efectivamente os romanos foron derrotados e estes pobos non foron romanizados.
Os romanos dominaron toda a actual Galicia que xunto co oeste de Castela-León, Asturias e o Norte de Portugal formaron a provincia da Gallaecia
Mapa da provincia da Gallaecia
pero faltaba por incorporar as zonas das Rías de Ferrol, Ares, Betanzos, cuxos pobos resistíanse a ser sometidos. Entón firmouse un pacto romano-castrexo, polo cal esas tres rías e máis os seus arredores pertencerían aos pobos castrexos e denominariase Artabria e ao conxunto de pobos, ártabros.
Os ártabros unha vez firmado o pacto construíron unha muralla de pedra para separa o seu territorio dos seus veciños romanos e asi evitar posibles problemas a maiores por mor das terras ou por se os romanos querían raptar as súas mulleres co fin de renderse e ser sometidos por eles. Os habitantes deste territorio comerciaban cos romanos plebeos e polo tanto adquiriron algunha costume da cultura romana. Cambiaron a cervexa polo viño, para cociñar sustituiron a manteiga de porco polo aceite de oliva da Bética e tamén os produtos castrexos alcanzaron certo prestixio na provincia, coma as castañas que a parte de facerse fariña con elas os romanos tomábanas asadas na festa do Samain, de orixe castrexa.
O territorio entrou a formar parte do Imperio Romano de Occidente no S.III.d.C. Non por que quixeran os seus habitantes senón porque as circunstancias da época obrigáronlles a facelo, a terra non daba boas colleitas e tiveron que expandirse asemade Roma había de tentar invadir o seu territorio e como non estaban para unha guerra decidiron unirse ao Imperio.
O castro de Cardoeiro perdurou ata os anos 70 do século pasado, cando o derrubaron para edificar no solar que ocupaba.
Tamén desapareceu o cemiterio que posuia este castro, as chamadas "Pías", cando se empezou construir o moderno estaleiro ASTANO, hoxe Navantia Fene. A súa lembranza perdura no nome que as xentes da zona deron á ponte que dende os anos 60 do século XX une ambas marxes da ría, a ponte de "As Pías".
Ningún comentario:
Publicar un comentario