Nos días 25 e 26 de Agosto de 1800, nas terras do concello de Ferrol, os veciños viviron unha batalla contra o dominio estranxeiro.
Naqueles anos España e Inglaterra estaban en guerra, isto debíase a que España era aliada da recente República de Francia que estaba baixo o mando do cónsul Napoleón Bonaparte. España dende o século XVIII, polos lazos familiares coa familia real de Francia, tiña que axudarlles economicamente ou militarmente. Por iso España estaba en guerra contra Gran Bretaña dende 1796, porque este país ameazaba as posesións coloniais e intereses franco-españois. Por outra banda, os ingleses tamén tiñan interese pola Ría de Ferrol, pois esta ría non so era segura, senón que ademais tiña o mellor arsenal de España, e naquel momento posuía barcos de guerra. Algo que a eles non lles interesaba, pois Inglaterra era a primeira potencia marítima europea, e se destruían aqueles barcos debilitarían a España.
O día 25, estábase a celebrar unha festa en honor a raíña María Luísa de Parma, raíña consorte co rei Carlos IV. Os gardacostas deron a noticia de que había unha serie de barcos de guerra achegándose a costa e tiñan o selo francés, iso significaba que eran aliados, pero estes vixiantes advertiron de que podería ser unha manobra dos ingleses para poñer os pés na terra. Pero ninguén deulle importancia, agás Joaquín Moreno, comandante da flota estacionada no arsenal. Este home non quedou coa dúbida e foi a observar dende Monteventoso o desembarco dos ingleses nas praia de Doniños. A escuadra inglesa estaba dirixida por Warren, pero pola terra, as tropas eran guiadas polo tenente Pulteney.
Joaquín Moreno mandou embarcar uns 500 homes na escuadra estacionada no arsenal, estes a súa vez desembarcaron nas zonas da Graña e Brión, tamén mandou instalar artillería no castelo de San Felipe (Na actualidade pertence ao concello de Ferrol), que xunto co castelo da Palma (Na actualidade pertence ao concello de Mugardos), defendían a entrada na Ría de Ferrol. O sistema de defensa era unha cadea que ía dun castelo ao outro, así, cando unha flota inimiga decidía entrar, esta cadea era accionada e a flota crebaba e afundía.
Tamén, Moreno mandou situar lanchas con canóns na boca da ría, para espantar a escuadra inglesa.
Sería por mar disto que os ingleses non entraron ao comezo pola ría. Ademais esa tarde, o comandante xeral do departamento, Francisco Melgarejo, chamou polas guarnicións que estaban preto de alí, e finalmente ao anoitecer acampou en Catabois coas xentes que viñan a loitar dende Xuvia, moitas delas civís.
Pola noite, os ingleses comezaron a expedición. Cando chegaron a Graña atoparon resistencia, pero foi vencida ao pouco tempo. Sen embargo, Pulteney, non se atreveu a ocupar Brión por mor da escuridade.
Vistas dende Monteventoso. Abaixo vese a praia de Doniños e máis a lagoa, este lugar foi onde desembarcaron os ingleses.
O día 26, Donadío quiso frear o avance inglés polo norte, e mandou posicións dende Serantes ata Valón. Ademais os veciños de A Graña, foron a Brión a combater. O combate iniciase cando a División de Xuvia atacou o exército inglés. Entón Donadío organizou un ataque xeral, pero ao final perderon e fuxiron a cidade de Ferrol. A única fortaleza que aguantou foi o castelo de San Felipe, que coa axuda do castelo da Palma, e os barcos con canóns, evitou a entrada da flota inimiga pola ría.
Os ingleses xa tiñan a vitoria gañada. Pero algúns homes de Pulteney retiraronse por medo. Ademáis, chegáronlles novas de que diversas poboacións da comarca de Ferrolterra ían unirse ao exército español para loitar contra eles. Por mor disto, os ingleses embarcaron e marcharon, perdendo así a ansia de conquistar e destruír o arsenal de Ferrol.
Calculase que houbo uns 3.000 homes (contando militares e civís), no bando español.
O final da guerra anglo-hispana, foi no 1802, coa Paz de Amiens.

Vistas da entrada a Ría de Ferrol. Ao lado esquerdo vese o castelo da Palma, e ao lado dereito o castelo de San Felipe.

Navío San Hermenigildo.

Navío Real Carlos.

Navío Argonauta.

Ningún comentario:
Publicar un comentario