domingo, 6 de marzo de 2016

Unha pintora galega a nivel internacional

Nacín en Viveiro o 5 de Xaneiro de 1902, o meu derradeiro nome é Ana María Gómez González, pero son coñecida como Maruja Mallo. A maioría da miña vida paseina fora de Galicia, debido a que meu pai era funcionario do Corpo de Aduanas.

Cando corría o ano 1922, a miña familia marchou a capital, Madrid. Alí entrei a estudar na Academia de Belas Artes de San Fernando. Naquela época estudar neste lugar era todo un prestixio. Eu coñecín neste lugar importantes pintores españois como Salvador Dalí, e tamén escritores da xeración do 27 como Lorca e Miguel Hernandez. A min gustabame moito pintar e pintei os meus cadros coa temática surrealista, que era o tema típico dos anos nos que eu vivía.

No ano 1932, concederonme unha subvencion para continuar a miña carreira en París (Francia), En París realizei un cadro  de ambiente surrealista parisino " O Espantaio", que o acabou mercando André Bretón, co que eu mantiña unha boa relación. Aínda que antes, en España, xa pintara "Santa Casilda", que tiña a mesma temática.
André Bretón axudoume moito mentres eu residía en París, grazas a el coñecin a outros pintores que tiñan moita sona como Picasso e Miró.Tamén a Torres García, que era en París o xefe do Grupo de Artistas do Arte Construtivo. Os membros deste grupo inspiraban os seus cadros na Divina Proporción de Paccioli, que consistía en utilizar a xeometría nas súas obras. Entón abandonei o surrealismo e comezei a inspirarme neste movemento. Outra cousa boa que me aconteceu ese ano foi que fixen a primeira exposición internacional na galería Pierre Loeb.

De volta en España, que vivía a II. República, traballei realizando viñetas na revista Occidente. Mais tarde adiqueime a ensinanza e din clase de debuxo. Un dos lugares onde impartin clase foi a Escola de Cerámica de Madrid, a que eu lles fixen un deseño de pratos.
No mes de Febreiro de 1936, uns meses antes de estalar a Guerra Civil (1936-1939), expuseronse no Centro de Estudos e Construción, na Carreira de San Jerónimo, en Madrid, unha serie de 12 obras de Arquitecturas minerais e vexetais, e 12 cadros de sumidoiros e campanarios. Nese ano tamén debuxei 16 debuxos de construcións rurais, pero publiqueinos en 1949.  En Xuño, cando estalou a guerra, eu atopabame en Galicia, terra onde nacin. Naquel momento estaba colaborando nas misións pedagóxicas. Estas misions consistian en que o goberno da república mandaba mestres as aldeas de todo o país, que estaban sumidas no atraso e na súa ideoloxía, tamen pretendían formar as novas xeracións  mediante a fundación de escolas e fomentando a ensinanza. Non o dubidei e marchei cara o exilio, porque eu era republicana e estaba facendo unha labor social que a fomentaba esta institución, ademáis, en Galicia triunfara o bando nacional que estaba en contra da república, e entón eu corría aínda mais perigo.

No ano 1937 cheguei a Arxentina, a cidade de Bos Aires, cidade que acolleu a moitos exiliados galegos. Antes de chegar a este país, pasei por Montevideo (Uruguay). Alí tivera que dar unha conferencia sobre os temas populares das plásticas españolas, despois, como fora chamada para a mesma conferencia a Bos Aires, aproveitei e afinqueime alí, dando por rematado o meu exilio. Antes de comezar a falar da miña nova etapa artística en América, vouvos dicir que os meus bocetos de escenografía foron selecionados para a exposición de obras surrealistas internacionais, en Londres.

O meu primeiro cadro no exilio e coa nova temática foi "Sorpresa no trigo", aínda que tamén pintei "Canto de espigas" e "Mensaxe do mar". Tamén fixen retratos de mulleres, e grazas a isto fun precursora do arte-pop norteamericano. Os temas que destacan nos cadros de exilio son:

-Armonías lunares, nas que utilizei cores grises e prateadas.

-Influencias do sol, nos que utilizei cores calidos.

-Os temas que reflicten os cadros son temas da cultura americana.

Mentres vivin na Arxentina, organizei exposicións en Brasil, Nova York, Montevideo, etc...  Visitei distintos países latinoamericanos por mor das conferencias e tamén inspireime nas paisaxes destes para realizar os cadros. Non so fixen cadros, senon que tamén diseñei escenarios e participei en revistas. As paisaxes que mais me gustaban e emocionabanme, eran as praias de América, cuxas vistas inspirabanme a hora de pintar.

No 1964 decidin voltar ao meu país, a ditadura era menos dura e España xa non estaba sumida na autarquía, era mais aberta. Unha vez cheguei, instaleime en Madrid. Dende aquela xa non traballei tanto no arte. No 1979 pintei a miña última obra "Os moradores do vacío". Aínda que a produción artística non foi abundante tras volver do exilio, podovos dicir que recibin moitas medallas.
En 1967 recibín a medalla de ouro de belas artes. En 1990, a medalla de ouro de Madrid, e un ano mais tarde a medalla de ouro de Galicia. En Galicia estiven moi presente a hora da inauguración do Centro de Arte Contemporáneo de Santiago de Compostela, pois este inaugurouse cunha exposición antolóxica miña.

Ao final morrín o 6 de Febreiro de 1995, en Madrid. Moitas persoas lembranme porque o meu nome esta nas rúas, outras porque me estudan nas materias escolares ou universitarias, e autores literarios que coñecín e fomos da Xeración do 27, nomeamme nos seus versos facendo que nos novos tempos que corren me lembre a xente nova.




Resultado de imagen para maruja mallo





















Maruja Mallo.






Resultado de imagen para academia de bellas artes madrid
















Academia de Belas Artes de Madrid, lugar onde se iniciou Maruja.








Resultado de imagen para santa casilda de maruja mallo






















Cadro de Maruja que corresponderíase coa etapa surrealista.
























"O espantaio", cadro que lle mercou André Bretón.
























"Sorpresa no Trigo", con este cadro iniciou a súa etapa do exilio.
























"Mensaxe do mar", cadro que correspondese coa etapa do exilio.






Resultado de imagen para retratos de mujeres de maruja mallo






















Un dos retratos de mulleres que pintou Maruja durante o exilio e que inspirou a arte-pop norteamericana.



























"Os maradores do vacío", a última obra de Maruja.




















Ningún comentario:

Publicar un comentario