luns, 18 de abril de 2016

Galiza asolagada

O outro día, eu lembraba con moito apego e certa nostalxia a comarca de Ferrolterra. Sobre todo o meu pobo e a cidade de Ferrol que hoxe, no ano 2046, non existen.

Vos estaredes preguntando o por que desta afirmación?. O caso é que xa fai dez anos disto, do asolagamento da costa galega por mor do cambio climático. Cando eu era neno, os medios de comunicación falaban as veces das posibles consecuencias deste fenómeno. A xente tomaba estes avisos coma quen oe chover, é mais, eu dáballe algo de importancia, incluso cheguei a reciclar para aportar algo ao medio ambiente. Aínda así non valeu de moito pois non todo o mundo contribuíu. O tempo foi pasando e con el viron as consecuencias, esas consecuencias que tanto pregoaron os científicos e que o ser humano ignorou ata que foi demasiado tarde para frealas. 

Cada verán que pasaba e cando chegaba o mes de Agosto, eu fixábame nas mareas vivas típicas deste mes. Cada ano que pasaba, as ondas viñan con máis forza, causaban máis estragos e o mar achegábase mais ao paseo e deixaba menos areal. Tanto subiu que no inverno a auga, por mor dos temporais, inundaba as rúas próximas ao mar. No meu pobo, había un barrio a carón da ría, mais ben poderíase dicir que estaba edificado enriba do mar, o mesmo ca os estaleiros. Cando comezaron a subir as mareas, sobre todo no inverno coas choivas e os temporais, a xente comezou a abandoar os seus fogares por medo. Nuns catro anos, a xente do meu pobo, un pobo situado nun val, tivo que trasladarse as zonas montañosas do concello, pois o nivel do mar subiu de tal maneira, que chegaba ata o primeiro andar dos edificios. Non so este barrio sufriu as consecuencias do cambio climático, senón todo o pobo. A avenida principal inundouse e o nivel da auga nunca volveu ao seu rego. Porque hai que destacar que o meu pobo a parte de estar situado nun val, é transitado por varios ríos que baixan dende as montañas que arrodean a Ría de Ferrol. Ai uns dez anos, cando comezou esta catástrofe sen retorno, lembrome que saía a traballar no coche e cruzaba a Ponte das Pías, xa daquela era perigoso pois as inundacións poderían levar a estrutura da ponte, como acabou sucedendo ao final.  As aldeas situadas nas montañas do meu pobo, nas que cando eu era cativo había as típicas casas rurais e cuxos terreos tiñan coma estampa as vacas comendo herba, as galiñas, e grandes plantacións de grelos e nabizas, así como carballos e piñeiros, foron desaparecendo. Agora eses terreos teñen un solo árido por mor de que o mar esta a carón destas aldeas que no pasado eran de montaña e que agora son costeiras e cuxas casas están desaparecendo para construír grandes edificacións fronte ao mar para hospedar aos turistas e crear novas cidades ou zonas para veranear a carón do mar. Xa que as antigas están baixo a auga.

Ferrol tamén sufriu as consecuencias desta desgraza. O seu barrio primitivo (Ferrol Vello) mais o seu porto desapareceron de súpeto, nuns meses. Tamén as instalacións da Malata e o seu fermoso carril-bici a carón da ría. Ese carril onde os nenos patinaban e os novos ían a montar na bicicleta. E o estadio de fútbol da cidade que agora situase a carón do cemiterio de Catabois pola inundación.

Agora, no 2046 os cidadáns botamos as mans a cabeza e dicimos como puidemos acabar así, como puidemos perder os nosos fogares. Fogares e terras dos nosos avós e pais, que tanto traballaron para mantelos e que na actualidade están baixo o mar. Agora lamentamos non coidar o medio que nos arrodea e valoramos o que temos ou tiñamos ao redor. Pero xa é tarde e non hai volta atrás, xa non aí Antártida nen Polo Norte, e medio mundo esta baixo a auga e perdéronse así moitas paisaxes naturais, non so galegos, senón de todo o mundo. Aquí perdéronse paisaxes costeiros de entresoño, como as catedrais, en Ribadeo e os acantilados de Ortegal. Tamén monumentos históricos como o castelo da Palma (Mugardos) e o de San Felipe (Ferrol). Tamén industrias que estaban a carón do mar, como os estaleiros e a fábrica de metais de Xuvia. Aínda que estas industrias invadiron o territorio que lle pertencía ao mar e ao final foron as primeiras danadas pola suba da marea.

Todo isto acontecera no 2046 nesta comarca e no mundo se a xente non toma conciencia e non se adica a coidar o planeta, pois so temos un, ademais deberiase pensar en que futuro queremos darlles as futuras xeracións, xa que se seguimos comportandonos así, o planeta morrera e con el nos, que dependemos del.

Imaxes de paisaxes costeiras galegas que poden desaparecer co cambio climático:





Resultado de imagen para as catedrais



Praia das Catedrais.













Resultado de imagen para cabo ortegal    Cabo Ortegal.





Velaqui vos deixo unhas imaxes das últimas inundacións no meu pobo. Se o cambio climático segue, estas imaxes son para preocuparse:





Resultado de imagen para inundaciones en fene

domingo, 10 de abril de 2016

Galiza nun futuro

É moi difícil predicir o futuro, canto mais se pensa nel, mais son as dúbidas da poboación de como será, pois visto o panorama da actualidade, que deixa moito que desexar, parece que non será moi bo.

No ano 2046, Galicia terá un hábitat tropical. No futuro haberá insectos e mamíferos procedentes de climas tropicais como a nespra asiática que xa  se esta a expandir na actualidade pola franxa costeira galega. Este insecto supón un problema moi grave non so porque é unha especie foránea, senón porque prexudica gravemente as especies autóctonas, neste caso as abellas.Galicia é pioneira na exportación do mel ao estranxeiro, pero no futuro a abella autóctona galega extinguirase e no seu lugar vivira unha especie de abella foránea que provirá de Asia. Esta especie foránea sera introducida para frear o avance da nespra asiática. Iso lograrase aínda que non se conseguera extinguir de Europa e convivira coa nespra europea e a abella asiática. O mel galego, por mor da extinción da abella galega, xa non sera igual de bo que o actual e tampouco tera éxito no estranxeiro como na actualidade.
Por outra banda, a vexetación predominante en toda a rexión será o eucalipto e o piñeiro. O eucalipto causara enormes desertizacións no solo galego que é rico en nutrientes e como consecuencia perderanse os cultivos tradicionais como os grelos e as nabizas que tanto alimentaron aos galegos nos duros invernos dende os séculos dos séculos, ah, pero é que non habera inverno, ou si que o habera, pero como é tropical non sera tan frío. Cando unha persoa vai na actualidade a praia en Galicia, pode ir e bañarse tan tranquila. No futuro non, porque as augas estarán infestadas de quenllas tigre e claro, estara prohibido o baño. Seno futuro queres gozar dun día de praia como se facía antano. Unha persoa tera que ir a un resort dunha cidade é pagar un bono de 15 euros para pasar un mes nun pavillón adaptado ao hábitat do clima oceánico de antano.

Deixando atrás todo isto, voume centrar na sociedade futurista. A sociedade galega será moi distinta tanto en costumes, coma en relixión. A sociedade do futuro terá moitos nenos, dado que a Unión Europea no ano 2020 aceptara refuxiados de guerra de todo o mundo e se lles permitira practicar os seus costumes en calquera país da Unión Europea onde se instalen. Hai que destacar que no ano 2027, China tera unha guerra con Corea do Norte, porque Corea invadira territorios fronteirizos con China. Esta guerra durara dez anos, cuxa vitoria sera de China. Como consecuencia da guerra e porque España e Galiza teñen moita poboación de orixe china que emigraron a comezos do século XXI, acolleranse numerosas familias chinas e norcoreanas en Galicia. Estas familias traeran os seus costumes e a súa lingua, así mesmo os  árabes, na súa maioría sirios, iraqis e afgans, que moitos deles viran vivir aco tras estar anos parados nas fronteiras de Europa Oriental. Galicia sera un Estado Federado de España, xa que o goberno central, cando cheguen os inmigrantes de guerra en forma masiva, mandaranos directamente para Galiza por ser a rexión menos poboada do país. A cuestión de porque Galiza é un Estado Federado é moi doado de entender. Cando chegaron os inmigrantes, apenas habera poboación vella nesta rexión, a maioría seran persoas de 50 e 60 anos, e habera pouca xente nova dado que habera poucos nacementos. Como consecuencia da escasa poboación vella, o galego como lingua extinguirase, e falarase soamente o castelán. Pero os inmigrantes que falan diferentes linguas, por viren de distintos países, mezclaran as súas linguas co castelán é crearan unha nova lingua. A sociedade galega non tera unha relixión oficial e respetaranse moito as diversas crenzas destes pobos. Os galegos nativos non teran inconveniente en unir lazos con estas novas xentes e casaranse entre eles, producindose así moitas mestizaxes. En canto a gastrónomia, sera unha mezcla de comida oriental  coa tradicional galega, iso notarase sobre todo coa chinesa dado que a maioría dos pratos levaran arroz, outro rasgo característico sera que a maioría dos postres xa non levaran fermentos, esa tradición herdarase dos sirios, xa que na súa cultura non soen tomar fermentos. No rural, notarase a influencia destes pobos, porque favoreceran o cultivo de diversos produtos orientais polo cambió de clima. Un exemplo é que agora polas aldeas preto de Santiago de Compostela, é frecuente ver grandes plantacións de nabizas e repolos. No futuro veranse grandes plantacións de arroz, e diversos produtos orientais. Tamén notarase a influencia destes pobos na forma tradicional de traballar as terras. Cabe destacar que no futuro as cidades mais ben serviran para instalar empresas e industrias e tamén para o ocio e divertirse. Pois a maioría da xente vivira no campo porque considerarano mais tranquilo e apacible.


Volvendo ao tema da climatoloxía. Galiza tera un clima trópical por mor do cambio climático. Tamén hai que destacar que o nivel do mar subira. Para que vós fagades unha idea. Observade a Ría de Ferrol dende a Ponte das Pías na actualidade. No futuro, a auga asolagara todo o Barrio de San Valentín e o porto e arsenal de Ferrol, incluindo tamén o barrio de Ferrol Vello. Para que vos fagades outra idea. Zonas preto do mar polas que hoxe paseamos, no futuro estarán asolagadas ou seran futuras praias.

Galiza no futuro tera aspetos que seran envexables, porque sera a primeira zona do mundo onde convivan distintas culturas e non haxa pelexas, nen conflictos. Pero tera outros catastróficos, como sera a perda da biodiversidade autotona e que sexan sustituida por especies foráneas.

domingo, 3 de abril de 2016

A morte dun empresario inocente

Seguro que moitos escoitaredes falar, vistes ou incluso mercades nun supermercado galego que se chama "Claudio". Se as novas xeracións lles preguntan aos seus avós quen era Claudio San Martín, moitos quedaran sorprendidos, non porque fose o dono da cadea de supermercados a nivel galego, senón porque tivo a mala sorte de ser vítima do terrorismo.

Claudio foi presidente da Caixa Galicia, pero cando o asasinaron xa facía dous anos que non o era. Moito de vos estádesvos preguntar ¿Por que foi vítima do terrorismo?. A resposta en si é complicada pois Claudio e a súa familia non eran militantes en ningún partido político. 
Claudio foi asasinado o 27 de Maio de 1988, por tres militantes da GRAPO (Grupo Revolucionario Primeiro de Outubro). Este grupo terrorista crearase en 1975 e pretendía instaurar en España un Estado socialista. Claudio levaba dous anos recibindo chamadas telefónicas ameazadoras. O único que quería del a GRAPO, era que lles deran cartos para mercar explosivos. Claudio, como é lóxico negábase a financiar tal atrocidade, a parte de que era un delito. Entón Laureano Ortega, Mª  Jesús Romero, e Encarna León Lara planificaron un atentado contra Claudio na porta da súa propia casa. 
O día 27 de Maio de 1988, as 15:00 h, na rúa Sánchez Bregua, en A Coruña, o empresario rematara de xantar, mentres a súa muller, Carmen Corredoira, estaba a falar coas súas fillas que por aquela residían en Madrid por mor dos estudos universitarios. De súpeto escoitouse o timbre do portal. Carmen deixou o teléfono descolgado para contestar, tras o timbre unha voz díxolle que traían unhas flores, Carmen non sospeitou nada e abriulles. Unha vez que os terroristas chegaron a porta da casa, ameazaron a Carmen cunha pistola. Entón saíu Claudio ante tal balbordo, e disparáronlle tres tiros, un deles alcanzoulle o pescozo e orixinoulle a morte ao instante.
Tras o acontecemento, os terroristas fuxiron e estiveron en busca e captura ata 1992, que foron detidos en Santander e posteriormente levados a xuízo e condenados por outros delitos a parte deste. 

Ao final, coa anulación da Lei Parot, os tres terroristas están en liberdade. Laureano cumpriu condea en Cádiz, Encarna en Murcia e Mª Jesús en Huelva. As fillas de Claudio é a súa dona din que estas persoas arruináronllela vida, pero que non lles gardan odio, só tentan non pensar naquel desgraciado día na que a vida dun home inocente, cunha boa vida por diante, foise. Tampouco tenlles medo porque non se cambiaron de casa e seguen vivindo na mesma onde aconteceu a desgraza.







Resultado de imagen para claudio san martinClaudio San Martín.




Resultado de imagen para hijas de claudio san martin






 Dúas das tres fillas de Claudio, tras elas esta o domicilio onde reside a súa nai e onde Claudio foi asasinado.






Resultado de imagen para Laureano ortega grapo









 Imaxe de Laureano Ortega na época na que foi detido.










Resultado de imagen para Laureano ortega grapoImaxe de Laureano Ortega saíndo do cárcere.







Resultado de imagen para Encarnación León Lara grapoEncarnación León Lara.







Resultado de imagen para Encarnación León Lara grapo







Encarnación León Lara a saída do cárcere.







Resultado de imagen para María Jesús Romero grapoMaría Jesús Romero.








Grupos de Resistencia Antifascista Primero de Octubre - Wikipedia, la ...Símbolo da GRAPO.