luns, 18 de abril de 2016

Galiza asolagada

O outro día, eu lembraba con moito apego e certa nostalxia a comarca de Ferrolterra. Sobre todo o meu pobo e a cidade de Ferrol que hoxe, no ano 2046, non existen.

Vos estaredes preguntando o por que desta afirmación?. O caso é que xa fai dez anos disto, do asolagamento da costa galega por mor do cambio climático. Cando eu era neno, os medios de comunicación falaban as veces das posibles consecuencias deste fenómeno. A xente tomaba estes avisos coma quen oe chover, é mais, eu dáballe algo de importancia, incluso cheguei a reciclar para aportar algo ao medio ambiente. Aínda así non valeu de moito pois non todo o mundo contribuíu. O tempo foi pasando e con el viron as consecuencias, esas consecuencias que tanto pregoaron os científicos e que o ser humano ignorou ata que foi demasiado tarde para frealas. 

Cada verán que pasaba e cando chegaba o mes de Agosto, eu fixábame nas mareas vivas típicas deste mes. Cada ano que pasaba, as ondas viñan con máis forza, causaban máis estragos e o mar achegábase mais ao paseo e deixaba menos areal. Tanto subiu que no inverno a auga, por mor dos temporais, inundaba as rúas próximas ao mar. No meu pobo, había un barrio a carón da ría, mais ben poderíase dicir que estaba edificado enriba do mar, o mesmo ca os estaleiros. Cando comezaron a subir as mareas, sobre todo no inverno coas choivas e os temporais, a xente comezou a abandoar os seus fogares por medo. Nuns catro anos, a xente do meu pobo, un pobo situado nun val, tivo que trasladarse as zonas montañosas do concello, pois o nivel do mar subiu de tal maneira, que chegaba ata o primeiro andar dos edificios. Non so este barrio sufriu as consecuencias do cambio climático, senón todo o pobo. A avenida principal inundouse e o nivel da auga nunca volveu ao seu rego. Porque hai que destacar que o meu pobo a parte de estar situado nun val, é transitado por varios ríos que baixan dende as montañas que arrodean a Ría de Ferrol. Ai uns dez anos, cando comezou esta catástrofe sen retorno, lembrome que saía a traballar no coche e cruzaba a Ponte das Pías, xa daquela era perigoso pois as inundacións poderían levar a estrutura da ponte, como acabou sucedendo ao final.  As aldeas situadas nas montañas do meu pobo, nas que cando eu era cativo había as típicas casas rurais e cuxos terreos tiñan coma estampa as vacas comendo herba, as galiñas, e grandes plantacións de grelos e nabizas, así como carballos e piñeiros, foron desaparecendo. Agora eses terreos teñen un solo árido por mor de que o mar esta a carón destas aldeas que no pasado eran de montaña e que agora son costeiras e cuxas casas están desaparecendo para construír grandes edificacións fronte ao mar para hospedar aos turistas e crear novas cidades ou zonas para veranear a carón do mar. Xa que as antigas están baixo a auga.

Ferrol tamén sufriu as consecuencias desta desgraza. O seu barrio primitivo (Ferrol Vello) mais o seu porto desapareceron de súpeto, nuns meses. Tamén as instalacións da Malata e o seu fermoso carril-bici a carón da ría. Ese carril onde os nenos patinaban e os novos ían a montar na bicicleta. E o estadio de fútbol da cidade que agora situase a carón do cemiterio de Catabois pola inundación.

Agora, no 2046 os cidadáns botamos as mans a cabeza e dicimos como puidemos acabar así, como puidemos perder os nosos fogares. Fogares e terras dos nosos avós e pais, que tanto traballaron para mantelos e que na actualidade están baixo o mar. Agora lamentamos non coidar o medio que nos arrodea e valoramos o que temos ou tiñamos ao redor. Pero xa é tarde e non hai volta atrás, xa non aí Antártida nen Polo Norte, e medio mundo esta baixo a auga e perdéronse así moitas paisaxes naturais, non so galegos, senón de todo o mundo. Aquí perdéronse paisaxes costeiros de entresoño, como as catedrais, en Ribadeo e os acantilados de Ortegal. Tamén monumentos históricos como o castelo da Palma (Mugardos) e o de San Felipe (Ferrol). Tamén industrias que estaban a carón do mar, como os estaleiros e a fábrica de metais de Xuvia. Aínda que estas industrias invadiron o territorio que lle pertencía ao mar e ao final foron as primeiras danadas pola suba da marea.

Todo isto acontecera no 2046 nesta comarca e no mundo se a xente non toma conciencia e non se adica a coidar o planeta, pois so temos un, ademais deberiase pensar en que futuro queremos darlles as futuras xeracións, xa que se seguimos comportandonos así, o planeta morrera e con el nos, que dependemos del.

Imaxes de paisaxes costeiras galegas que poden desaparecer co cambio climático:





Resultado de imagen para as catedrais



Praia das Catedrais.













Resultado de imagen para cabo ortegal    Cabo Ortegal.





Velaqui vos deixo unhas imaxes das últimas inundacións no meu pobo. Se o cambio climático segue, estas imaxes son para preocuparse:





Resultado de imagen para inundaciones en fene

Ningún comentario:

Publicar un comentario