É moi difícil predicir o futuro, canto mais se pensa nel, mais son as dúbidas da poboación de como será, pois visto o panorama da actualidade, que deixa moito que desexar, parece que non será moi bo.
No ano 2046, Galicia terá un hábitat tropical. No futuro haberá insectos e mamíferos procedentes de climas tropicais como a nespra asiática que xa se esta a expandir na actualidade pola franxa costeira galega. Este insecto supón un problema moi grave non so porque é unha especie foránea, senón porque prexudica gravemente as especies autóctonas, neste caso as abellas.Galicia é pioneira na exportación do mel ao estranxeiro, pero no futuro a abella autóctona galega extinguirase e no seu lugar vivira unha especie de abella foránea que provirá de Asia. Esta especie foránea sera introducida para frear o avance da nespra asiática. Iso lograrase aínda que non se conseguera extinguir de Europa e convivira coa nespra europea e a abella asiática. O mel galego, por mor da extinción da abella galega, xa non sera igual de bo que o actual e tampouco tera éxito no estranxeiro como na actualidade.
Por outra banda, a vexetación predominante en toda a rexión será o eucalipto e o piñeiro. O eucalipto causara enormes desertizacións no solo galego que é rico en nutrientes e como consecuencia perderanse os cultivos tradicionais como os grelos e as nabizas que tanto alimentaron aos galegos nos duros invernos dende os séculos dos séculos, ah, pero é que non habera inverno, ou si que o habera, pero como é tropical non sera tan frío. Cando unha persoa vai na actualidade a praia en Galicia, pode ir e bañarse tan tranquila. No futuro non, porque as augas estarán infestadas de quenllas tigre e claro, estara prohibido o baño. Seno futuro queres gozar dun día de praia como se facía antano. Unha persoa tera que ir a un resort dunha cidade é pagar un bono de 15 euros para pasar un mes nun pavillón adaptado ao hábitat do clima oceánico de antano.
Deixando atrás todo isto, voume centrar na sociedade futurista. A sociedade galega será moi distinta tanto en costumes, coma en relixión. A sociedade do futuro terá moitos nenos, dado que a Unión Europea no ano 2020 aceptara refuxiados de guerra de todo o mundo e se lles permitira practicar os seus costumes en calquera país da Unión Europea onde se instalen. Hai que destacar que no ano 2027, China tera unha guerra con Corea do Norte, porque Corea invadira territorios fronteirizos con China. Esta guerra durara dez anos, cuxa vitoria sera de China. Como consecuencia da guerra e porque España e Galiza teñen moita poboación de orixe china que emigraron a comezos do século XXI, acolleranse numerosas familias chinas e norcoreanas en Galicia. Estas familias traeran os seus costumes e a súa lingua, así mesmo os árabes, na súa maioría sirios, iraqis e afgans, que moitos deles viran vivir aco tras estar anos parados nas fronteiras de Europa Oriental. Galicia sera un Estado Federado de España, xa que o goberno central, cando cheguen os inmigrantes de guerra en forma masiva, mandaranos directamente para Galiza por ser a rexión menos poboada do país. A cuestión de porque Galiza é un Estado Federado é moi doado de entender. Cando chegaron os inmigrantes, apenas habera poboación vella nesta rexión, a maioría seran persoas de 50 e 60 anos, e habera pouca xente nova dado que habera poucos nacementos. Como consecuencia da escasa poboación vella, o galego como lingua extinguirase, e falarase soamente o castelán. Pero os inmigrantes que falan diferentes linguas, por viren de distintos países, mezclaran as súas linguas co castelán é crearan unha nova lingua. A sociedade galega non tera unha relixión oficial e respetaranse moito as diversas crenzas destes pobos. Os galegos nativos non teran inconveniente en unir lazos con estas novas xentes e casaranse entre eles, producindose así moitas mestizaxes. En canto a gastrónomia, sera unha mezcla de comida oriental coa tradicional galega, iso notarase sobre todo coa chinesa dado que a maioría dos pratos levaran arroz, outro rasgo característico sera que a maioría dos postres xa non levaran fermentos, esa tradición herdarase dos sirios, xa que na súa cultura non soen tomar fermentos. No rural, notarase a influencia destes pobos, porque favoreceran o cultivo de diversos produtos orientais polo cambió de clima. Un exemplo é que agora polas aldeas preto de Santiago de Compostela, é frecuente ver grandes plantacións de nabizas e repolos. No futuro veranse grandes plantacións de arroz, e diversos produtos orientais. Tamén notarase a influencia destes pobos na forma tradicional de traballar as terras. Cabe destacar que no futuro as cidades mais ben serviran para instalar empresas e industrias e tamén para o ocio e divertirse. Pois a maioría da xente vivira no campo porque considerarano mais tranquilo e apacible.
Volvendo ao tema da climatoloxía. Galiza tera un clima trópical por mor do cambio climático. Tamén hai que destacar que o nivel do mar subira. Para que vós fagades unha idea. Observade a Ría de Ferrol dende a Ponte das Pías na actualidade. No futuro, a auga asolagara todo o Barrio de San Valentín e o porto e arsenal de Ferrol, incluindo tamén o barrio de Ferrol Vello. Para que vos fagades outra idea. Zonas preto do mar polas que hoxe paseamos, no futuro estarán asolagadas ou seran futuras praias.
Galiza no futuro tera aspetos que seran envexables, porque sera a primeira zona do mundo onde convivan distintas culturas e non haxa pelexas, nen conflictos. Pero tera outros catastróficos, como sera a perda da biodiversidade autotona e que sexan sustituida por especies foráneas.
Galiza no futuro tera aspetos que seran envexables, porque sera a primeira zona do mundo onde convivan distintas culturas e non haxa pelexas, nen conflictos. Pero tera outros catastróficos, como sera a perda da biodiversidade autotona e que sexan sustituida por especies foráneas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario