Seguro que moitos escoitaredes falar, vistes ou incluso mercades nun supermercado galego que se chama "Claudio". Se as novas xeracións lles preguntan aos seus avós quen era Claudio San Martín, moitos quedaran sorprendidos, non porque fose o dono da cadea de supermercados a nivel galego, senón porque tivo a mala sorte de ser vítima do terrorismo.
Claudio foi presidente da Caixa Galicia, pero cando o asasinaron xa facía dous anos que non o era. Moito de vos estádesvos preguntar ¿Por que foi vítima do terrorismo?. A resposta en si é complicada pois Claudio e a súa familia non eran militantes en ningún partido político.
Claudio foi asasinado o 27 de Maio de 1988, por tres militantes da GRAPO (Grupo Revolucionario Primeiro de Outubro). Este grupo terrorista crearase en 1975 e pretendía instaurar en España un Estado socialista. Claudio levaba dous anos recibindo chamadas telefónicas ameazadoras. O único que quería del a GRAPO, era que lles deran cartos para mercar explosivos. Claudio, como é lóxico negábase a financiar tal atrocidade, a parte de que era un delito. Entón Laureano Ortega, Mª Jesús Romero, e Encarna León Lara planificaron un atentado contra Claudio na porta da súa propia casa.
O día 27 de Maio de 1988, as 15:00 h, na rúa Sánchez Bregua, en A Coruña, o empresario rematara de xantar, mentres a súa muller, Carmen Corredoira, estaba a falar coas súas fillas que por aquela residían en Madrid por mor dos estudos universitarios. De súpeto escoitouse o timbre do portal. Carmen deixou o teléfono descolgado para contestar, tras o timbre unha voz díxolle que traían unhas flores, Carmen non sospeitou nada e abriulles. Unha vez que os terroristas chegaron a porta da casa, ameazaron a Carmen cunha pistola. Entón saíu Claudio ante tal balbordo, e disparáronlle tres tiros, un deles alcanzoulle o pescozo e orixinoulle a morte ao instante.
Tras o acontecemento, os terroristas fuxiron e estiveron en busca e captura ata 1992, que foron detidos en Santander e posteriormente levados a xuízo e condenados por outros delitos a parte deste.
Ao final, coa anulación da Lei Parot, os tres terroristas están en liberdade. Laureano cumpriu condea en Cádiz, Encarna en Murcia e Mª Jesús en Huelva. As fillas de Claudio é a súa dona din que estas persoas arruináronllela vida, pero que non lles gardan odio, só tentan non pensar naquel desgraciado día na que a vida dun home inocente, cunha boa vida por diante, foise. Tampouco tenlles medo porque non se cambiaron de casa e seguen vivindo na mesma onde aconteceu a desgraza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario