domingo, 3 de abril de 2016

Crónica dun asasinato anunciado

O tema que se vai expoñer a continuación é un tema típico galego no que dous veciños pelexanse por un ferrado de terra, incluso cheganse a matar como aconteceu neste caso. Este suceso que se vai narrar poderiase comparar co libro de "Crónica dunha morte anunciada" de Gabriel García Márquez, só que o tema en vez de ser o honor dunha muller e o da súa familia, é o tema dos ferrados repartidos entre veciños, vamos o lío de a quen pertencen as terras.

O día 20 de Novembro de 1983, no concello de Gomesende, produciuse o asasinato de catro persoas  a disparos que estaban talando árbores nunha finca. A persoa que pegou os tiros era un veciño. Pero para entender todos os sucesos acaecidos hai que analizar a vida do asasino e mais os problemas cos seus veciños, concretamente co asasinado chamado "O Maxistro"e os seus tres acompañantes.

O asasino chamase Marcelino Ares Rielo, alcumado "O Grabelo". Este tivo unha mala infancia. Cando tiña catorce anos, o seu irmán bateulle cun garrote na cachola porque descuidou o rebaño e o lobo atacouno, tendo grandes perdas. Cando tiña 20 anos estoupoulle un artefacto preto e deixouno medio xordo. Xa adulto e casado, foise a vivir a Madrid e tivo varíos negocios hosteleiros, que fracasaron. Dende facía catro anos mercara unha casa con finca en Gomesende, concello de Pol, Lugo, chamada "O Castro". Ata aquí todo ben. O problema comezou co seu veciño José Díaz Folgoso, alcumado "O Maxistro" cando Grabelo pechou a súa finca con verxa e o IRYDA (Instituto de Reforma y Desarrollo Agrario) adxudicoulle o terreo que supostamente era do Maxistro. Dito terreo tiña robles que según dicía Maxistro pertenecíanlle. Os veciños da zona din que Maxistro e Grabelo chegaran a un acordo. Mentres o IRYDA non traspasase o terreo, Maxistro pagaría unha renda a Grabelo e tamén podería levar as árbores correspondentes. Dito acordo verbal anulouse días despois cando Grabelo ameazouno con matalo se pisaba o seu terreo.

O día da desgraza, Maxistro, José Luis Díaz (fillo do Maxistro), José Manuel (cuñado do Maxistro), Cándido Llanes (maderista e dono da empresa), e o seu fillo Javier Llanes (único supervivinte), foron ao terreo prohibido porque pensaban que Grabelo fora coa súa muller e a súa filla de 13 anos a Cádiz ao xuramento de bandeira do seu fillo. Tamén porque Maxistro xa tiña acordado co maderista a venda deses árbores por 15.000 ptas. Pero tiveron mala sorte. Primeiro, porque Grabelo non fora a Cádiz, e segundo porque o seu axudante pasara por diante do terreo por casualidade, e deralle o aviso a Grabelo. Entón Grabelo colleu a súa escopeta e dirixiuse ao terreo e pegoulles tiros a todos e índa por riba de preto, agás a Javier Llanes, que suplicoulle que non o matara porque tiña unha muller e fillos. Tras o acontecido, Grabelo marchou do lugar dos feitos, colleu o coche e dirixiuse a cidade de Lugo. Onde se entregou na comisaría voluntariamente.

No xuízo, nun principio foi condeado a 48 anos e 4 días de cárcere. Unha indemnización de 3 millóns de pesetas a cada viuva e 750.000 pesetas a cada fillo orfo maior de idade, a mais, un millón e medio por cada fillo orfo menor de idade. Os avogados da acusación particular solicitan 30 anos a maiores por cada asasinato e elevar as indemnizacións das viuvas a 6 millóns e 2 millóns para os fillos.
Os informes médicos feitos ao Grabelo aseguran que é un home intelixente e que distingue perfectamente  o ben do mal, é dicir, que ten boas facultades mentais, pero que perde os papeis con facilidade. A súa muller recoñeceu que ten un carácter dificil. 
Grabelo declarou no xuízo que O Maxistro tentarao matar días antes en medio da néboa e que o día dos asasinatos, antes de coller a escopeta, que era unha FN, con calibre 12  é automática, fora falar cos asasinados e dixo que estes ameazarano cunha motoserra e que lanzaronlle un anciño que rozoulle o costado, tamén que cando marchou para a súa casa enfurecido, os asasinados perseguirono e mais lanzaronlle unha machada. Non recorda cantos cartuchos tiña a súa escopeta e tampouco se a súa filla estaba na casa no momento dos feitos, porque non fora coa súa nai a Cádiz xa que estaba enferma. Tamén alegou que non matara a Javier Llanes, non polas súas suplicas, senón porque unha voz despertouno e viu de súpeto un home ensangrentado a varíos metros.
Ao xuízo foron de testigos, Javier Llanes, que declarou que non o matou polas súas suplicas, e M. Pérez Folgueira, que deulle o aviso do que estaba acontecendo no terreo, pero alegou que non vira nada pero que escoitou os disparos ao lonxe.
Ao final, Marcelino Ares Rielo foi condeado a 14 anos de cárcere por cada asasinato, e unha indennización de 13.750.00 ptas as familias afectadas.

Grabelo foi ingresado no cárcere de Bonxe e despois trasladado ao cárcere de El Dueso. No cárcere estivo instalado na zona da enfermería, e seguiu sendo antisocial e huraño. A súa familia vendeu a finca e mais todas as súas propiedades, por petición de Grabelo, pero Grabelo nunca pagou a indennización. A familia tamén marchou de Gomesende e foise a vivir a cidade de Lugo.

O Grabelo só cumpliu 15 anos de cárcere. Mentres estivo ingresado traballou no cárcere, incluso chegou a ser xefe de cociña, pero tamén pasou o tempo escribindo un libro contando o que pasou aquel día, que agora xa circula polas librerías. Él di que o libro conta a verdade do acontecido, que quere que o mundo se entere. Na actualidade reside en Madrid. Conta nunha entrevista que non sabe o que pasou aquel día, nen porque chegou a matar. O que si di é que eses veciños facíanlle a vida imposible e que incluso chegarono a tentar asasinar unhas catro veces.














O Grabelo o día da súa detención.
















Levantamento dos cadáveres.






Resultado de imagen para marcelino ares rieloO Grabelo na actualidade.






Resultado de imagen para marcelino ares rielo







Portada do libro do Grabelo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario