domingo, 14 de febreiro de 2016

A batalla de Pontesampaio

Nos días 7 e 9 de Xuño do ano 1809, nunha vila galega chamada Pontesampaio, produciuse unha batalla que foi definitiva para librar Galicia das mans francesas.

No momento no que aconteceu a batalla, España-Portugal e Inglaterra, estaban en guerra contra o Imperio Frances, que estaba gobernado por Napoleón Bonaparte. Este emperador quería dominar toda Europa e poñer nos reinos conquistados gobernantes do seu parecer.
Napoleón quería conquistar Portugal por terra e para iso tiña que pasar por España. Coa excusa de pasar por España, ocupou zonas extratéxicas do país. Entón en 1808 iniciouse a Guerra da Independenza Española (1808-1814). Isto significou a entrada das tropas franceses na Península. Por outra banda, Inglaterra axudou nesta batalla por vía marítima, porque tiña un bloqueo marítimo decretado por Napoleón.

As tropas francesas chegaron a Galicia e ocuparon cidades importantes como Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo. Pero, na provincia de Pontevedra, o coronel Pablo Morillo organizou un exército que na súa maioría estaba formado por labregos, este exército chamabase "División do Miño". Estes loitaron contra a dominación francesa e conseguiron botar aos franceses da provincia de Pontevedra. 
Ante isto. Os mariscales franceses Ney e Soult, reunidos en Lugo, organizaron unha contraofensiva. Entón, Ney partiu dende A Coruña cuns 8.000 soldados.

Cando os franceses chegaron a Pontesampaio, viron que a ponte estaba derrubada e atrincheirada, pero os franceses non marcharon, senón que cunha serie de barcas fixeron unha ponte e cruzaron a cabalería e materiais de infantería, deste xeito, tamén os soldados e os cabalos. Ao solpor, as tropas xa cruzaran o río Verdugo, e acamparon no territorio inimigo. Os franceses non contaban que os seus inimigos os estaban agardando na parte sur do río, xusto na desembocadura deste, con barcas de canóns. Ao amencer, os inimigos avanzaron e foron sorprendidos polo exército de Morillo, e comezou a batalla. Esta batalla rematou día nove. Cando Ney decidiu abandoar e marchar cara ao norte debido a que a maioría dos homes do seu exército faleceran e outros tantos deranse de baixa, e tamén o seu material bélico quedara destruído.
Pero o calvario dos franceses aínda non rematara. Cando as tropas volvían, foron sorprendidas en diversas ocasións polas  "guerrillas" dos galegos, que coñecían ben o terreo.

Ney reuníuse en Lugo con Soult, que acababa de voltar de Portugal, e na mesma situación ca este. Entón acordaron abandoar o territorio galego definitivamente e centrar as súas tropas en Castela. Para Napoleón, Galicia era un territorio dominado polo clero e ademáis non lle interesaba moito.



















A ponte de Sampaio na actualidade, sobre o río Verdugo.



 












Monumento na cidade de Pontevedra en memoria dos galegos que loitaron na batalla.
 











 









Coronel Pablo Morillo.





 
 

 



Mariscal Soult.




 






















 



Mariscal Ney.
 

martes, 9 de febreiro de 2016

Ferrolans Vs Ingleses

Nos días 25 e 26 de Agosto de 1800, nas terras do concello de Ferrol, os veciños viviron unha batalla contra o dominio estranxeiro.

Naqueles anos España e Inglaterra estaban en guerra, isto debíase a que España era aliada da recente República de Francia que estaba baixo o mando do cónsul Napoleón Bonaparte. España dende o século XVIII, polos lazos familiares coa familia real de Francia, tiña que axudarlles economicamente ou militarmente. Por iso España estaba en guerra contra Gran Bretaña dende 1796, porque este país ameazaba as posesións coloniais e intereses franco-españois. Por outra banda, os ingleses tamén tiñan interese pola Ría de Ferrol, pois esta ría non so era segura, senón que ademais tiña o mellor arsenal de España, e naquel momento posuía barcos de guerra. Algo que a eles non lles interesaba, pois Inglaterra era a primeira potencia marítima europea, e se destruían aqueles barcos debilitarían a España.

O día 25, estábase a celebrar unha festa en honor a raíña María Luísa de Parma, raíña consorte co rei Carlos IV. Os gardacostas deron a noticia de que había unha serie de barcos de guerra achegándose a costa e tiñan o selo francés, iso significaba que eran aliados, pero estes vixiantes advertiron de que podería ser unha manobra dos ingleses para poñer os pés na terra. Pero ninguén deulle importancia, agás Joaquín Moreno, comandante da flota estacionada no arsenal. Este home non quedou coa dúbida e foi a observar dende Monteventoso o desembarco dos ingleses nas praia de Doniños. A escuadra inglesa estaba dirixida por Warren, pero pola terra, as tropas eran guiadas polo tenente Pulteney.
Joaquín Moreno mandou embarcar uns 500 homes na escuadra estacionada no arsenal, estes a súa vez desembarcaron nas zonas da Graña e Brión, tamén mandou instalar artillería no castelo de San Felipe (Na actualidade pertence ao concello de Ferrol), que xunto co castelo da Palma (Na actualidade pertence ao concello de Mugardos), defendían a entrada na Ría de Ferrol. O sistema de defensa era unha cadea que ía  dun castelo ao outro, así, cando unha flota inimiga decidía entrar, esta cadea era accionada e a flota crebaba e afundía.
Tamén, Moreno mandou situar lanchas con canóns na boca da ría, para espantar a escuadra inglesa.
Sería por mar disto que os ingleses non entraron ao comezo pola ría. Ademais esa tarde, o comandante xeral do departamento, Francisco Melgarejo, chamou polas guarnicións que estaban preto de alí, e finalmente ao anoitecer acampou en Catabois coas xentes que viñan a loitar dende Xuvia, moitas delas civís.

Pola noite, os ingleses comezaron a expedición. Cando chegaron a Graña atoparon resistencia, pero foi vencida ao pouco tempo. Sen embargo, Pulteney, non se atreveu a ocupar Brión por mor da escuridade.



















Vistas dende Monteventoso. Abaixo vese a praia de Doniños e máis a lagoa, este lugar foi onde desembarcaron os ingleses.





O día 26, Donadío quiso frear o avance inglés polo norte, e mandou posicións dende Serantes ata Valón. Ademais os veciños de A Graña, foron a Brión a combater. O combate iniciase cando a División de Xuvia  atacou o exército inglés. Entón Donadío organizou un ataque xeral, pero ao final perderon e fuxiron a cidade de Ferrol. A única fortaleza que aguantou foi o castelo de San Felipe, que coa axuda do castelo da Palma, e os barcos con canóns, evitou a entrada da flota inimiga pola ría.

Os ingleses xa tiñan a vitoria gañada. Pero algúns homes de Pulteney retiraronse por medo. Ademáis, chegáronlles novas de que diversas poboacións da comarca de Ferrolterra ían unirse ao exército español para loitar contra eles. Por mor disto, os ingleses embarcaron e marcharon, perdendo así a ansia de conquistar e destruír o arsenal de Ferrol.
Calculase que houbo uns 3.000 homes (contando militares e civís), no bando español.

O final da guerra anglo-hispana, foi no 1802, coa Paz de Amiens.





















Vistas da entrada a Ría de Ferrol. Ao lado esquerdo vese o castelo da Palma, e ao lado dereito o castelo de San Felipe.


hermeneg

















Navío San Hermenigildo.


300px-RealCarlosAlejoBerlingeromuseonavaldemadrid


















Navío Real Carlos.



argonauta















Navío Argonauta.


300px-Naviosanagustin



















Navío San Agustín.




Resultado de imagen para actual arsenal de ferrol














Actual arsenal de Ferrol.









domingo, 31 de xaneiro de 2016

Un futuro que nunca chegou a facerse realidade

No S.XIX, en todas as nacións e pobos do mundo, dáse o movemento do nacionalismo, incluso algúns pobos chegan a independizarse dos grandes imperios e chegan a constituírse como nacións. Galicia non vai quedar atrás.

No ano 1230, Galicia deixa de ser un reino independente e pasa a integrarse na coroa de Castela. Pero seguiu mantendo o seu nome. Co reinado de Carlos I, toda a Península Ibérica quedou unificada baixo o nome de Reino de España, agás Portugal. Entón no ano 1528, o rei crea a "Xunta do Reino", que representaba a Galicia nas Cortes de Castela.
Este órgano de goberno mantívose nos vindeiros séculos. Pero no ano 1833, tras a morte do rei Fernando VII. A súa muller María Cristina, asumiu a rexencia da coroa durante a minoría de idade da súa filla Isabel.
María Cristina eliminou a  "Xunta do Reino" e impuxo un sistema de provincias, as actuais (A Coruña, Lugo, Ourense, e Pontevedra).

Neste mesmo século xorden en Galicia distintos movementos políticos, xa sexan sobre o nacionalismo galego, ou contra o sistema caciquil e os foros.
Estes movementos son:

-Agrarismo: Este movemento pretendía acabar co sistema de foros, e tamén que o campesiñado, que era a  clase mais abundante en Galicia, accedese a propiedade das terras.
O foro era un sistema de arrendamento de terras. Estas pertencían a unha institución coma a Igrexa ou os nobres. Os campesiños tiñan dereito a traballalas e explotalas ao seu antollo, pero, a decima parte da colleita tiña que ser cedida aos mosteiros ou nobres, que eran os donos das terras. Quedando eles con pouca cousa e pasando fame.

-Rexionalismo: Este movemento é o xerme do actual nacionalismo galego. Nesta época estaba en contra do sistema caciquil e do centralismo político. Divídese en tres correntes:

·Liberal: Esta corrente estaba liderada por Murgía, o home da primeira escritora galega que iniciou o "Rexurdimento da literatura galega", chamada Rosalía de Castro. Esta corrente non aceptaba unha centralización política-económica-cultural de Galicia. Tamén defendía o poder lexislativo de Galicia.

·Provincionalismo: Non aceptaba a división provincial que se lle dera a Galicia. Esta corrente promulgaba a unificación das catro provincias nunha única provincia chamada Galicia.

·Tradicionalista: Estaba liderada por Brañas. Esta corrente era conservadora, pois pretendía restablecer o antigo orde político e social.

-Federalismo: Este movemento xorde coa proclamación da I.República de España. Esta república foi federal, ademais os presidentes do goberno, que se sucederon ao longo do ano, eran do Partido Republicano Federal. Aínda que a República so durou un ano. Nese tempo Galicia foi un estado federal. Pero Pereira, que lideraba este movemento acó e que a mais era membro deste partido, apostaba polo futuro Estado Galego.

Nos anos trinta do S.XX, proclamouse a I.I.República de España. En Galicia sucedeu un feito que se contase con máis apoios, Galicia sería outro cantar. Foi a proclamación da I.República de Galicia.

Corría o mes de Xuño de 1931. O progreso da industria e máis do ferrocarril chegaba tarde a Galicia, debido a súa orografía.
Estábase a construír a línea do ferrocarril entre A Coruña e Zamora. A maioría dos obreiros eran de orixe labrega porque viñan das aldeas vindeiras por onde transcorría a línea. Estes obreiros traballaban sen parar e cobraban un salario escaso. Entón, o goberno paralizou as obras por mor de que o Estado non tiña cartos para investir nesa infraestrutura, polo crack do 29. Na cidade de Ferrol, nos estaleiros, redúcense traballadores, polo mesmo motivo que o primeiro.

Isto provocou que o 25 de Xuño se proclamase unha Folga Xeral por parte dos obreiros de Silleda e os labregos do Ulla, a tres días antes das Eleccións Lexislativas, en Santiago de Compostela. Ese mesmo día a noite, na cidade de Ourense, un rapaz toma o concello e colga a bandeira galega e faise a 1º Proclamación Obreira da República Galega, que despois seguen os demais obreiros da cidade. O 26 de Xuño prodúcese a Asemblea Obreira en Santiago de Compostela, e outra en Ourense. Toman as seguintes medidas:

-Deixar de pagar impostos a República.
-Abstención nas eleccións xerais do día 28 dese mesmo mes.
-Dimisión das autoridades provinciais.
-Implantar unha revolución a partir dunha Folga Xeral.

O día 27 prodúcese a Folga Xeral en Santiago de Compostela. Alí aí unha manifestación e asemblea popular obreira polas súas rúas. A manifestación rematou na casa do concello. Onde Alonso Ríos é proclamado líder da Xunta Revolucionaria da República, e este a súa vez proclamou a República de Galicia. Este tamén animaba a revolución  e a independenza do territorio galego, incluso dicía de unir Galicia a Portugal.

Ao final, o 1 de Xullo, tras as eleccións lexislativas, reanudaronse as obras do ferrocarril, e tamén desapareceu a I.República Galega, que so durou unhas horas, debido a que a noite do día 27, Alonso Ríos devolveu o poder as autoridades republicanas, tamén por falta de apoios noutras cidades galegas.

En Decembro dese mesmo ano, fundase o Partido Galeguista, que reclamara no ano 32 o Estatuto de Autonomía. Finalmente se lle concedera no ano 36, pero non entrara en vigor por mor do estalido da Guerra Civil (1936-1939).





















Manuel Murguía, quen promoveu o movemento do rexionalismo-liberal.



















Alfredo Brañas, quen promoveu o movemento do rexionalismo-tradicionalista.



















Aureliano Pereira, quen promoveu o movemento do federalismo.







Antón Alonso Ríos, quen proclamou a I.República de Galicia.












sábado, 23 de xaneiro de 2016

As revoltas irmandiñas

Sempre tomamos como modelo a Revolución Francesa para referirnos a loita dun pobo contra a nobreza e a Igrexa, un pobo que loitou polos seus dereitos e que grazas a el temos unha democracia na maioría dos países, e unha serie de dereitos que son intocables. Pero a Revolución Francesa aconteceu no século XVIII. Sen embargo, no século XV, un pobo europeo do noroeste da Península Ibérica fixo o mesmo cos franceses. Ese pobo era Galicia.

Para saber as causas desta revolta aí que remontarse ao ano 1230, ano no que Galicia únese as coroas de Castela e León. Perdendo así a súa independenza como reino, aínda que conservou o seu nome.






















Mapa do antigo Reino de Galicia


No século XV xorde neste territorio as Irmandades. A primeira xorde no ano 1431, nas terras do Eume e Ferrol, cuxas terras pertencían aos señores de Andrade. Este grupo chamábase a Irmandade Fusquenlla, e estaba dirixida polo fidalgo Roi Xordo, e tamén estaba formada por campesiños e burgueses.Aí que ter en conta que o campesiñado era de clase baixa e a burguesía era case inexistente porque estaba comezando a formarse, ademais, a fidalguía era a clase mais baixa dentro da nobreza. 
Esta irmandade rebelouse e levantou armas contra Nuno Freire de Andrade. Ao final esta revolta foi freada no ano 1435.

No ano 1467 na praza de Melide nace a Santa Irmandade de Galicia, que se consolida como poder de Galicia e exisenlles aos nobres que lles dean os seus castelos e fortalezas. Moi poucos aceptaron e entón comezou a revolta. Ante esta situación, os nobres galegos exiliáronse para o norte de Portugal, ou para Castela.
Pero ¿Por que o rei de Castela non freou a revolta e permitiu que perdurase 2 anos?.
Cando xorde a revolta castelá estaba en guerra civil. A guerra foi porque o infante Alfonso quería o trono de Castela e estaba apoiado pola nobreza galega. Pola outra banda, o rei de Castela que era Henrique IV, apoiaba aos irmandiños co fin de que o apoiasen no seu posto.

O exército irmandiño estaba formado por 80.000 homes, na súa maioría campesiños e burgueses. Estes durante a revolta adicábanse a derrubar os castelos e as fortalezas. Tiñan dúas formas:

-Cavar baixo os castelos un buraco e rechealo de trapos e despois prenderlle lume. Desta maneira a estrutura comezaba arder por abaixo e remataba derrubándose soa.

-Derrubabano pedra por pedra.

No ano 1469, os señoríos exiliados comezan a contraofensiva. Dende o norte de Portugal, veu o exército de Pedro Madruga, da casa de Soutomaior. A maioría do exército estaba formado por portugueses. Dende Salamanca veu o exército do  arcebispo de Fonseca, que viña acompañado do de Juan Pimentel. Estes exércitos reuníronse nas proximidades de Santiago de Compostela.
Por outra banda, dende Ponferrada veu o conde de Lemos na compaña de Pardo de Cela, e chegaron ata Monforte de Lemos.
Estes exércitos que viñan do exilio fixéronlle fronte aos irmandiños que estaban dirixidos pola baixa nobreza (fidalgos), como Diego de Lemos, Alonso de Lanzos, ou Pedro Osorio.

A ultima batalla que puxo fin a Revolta Irmandiña, tivo lugar no monte da Almafía, as aforas de Santiago, nese mesmo ano.
Aí que ter en conta que esta cidade resistiu tres meses contra os exércitos. Sera por iso que na actualidade é a capital de Galicia, ademais de por ser cidade santa, porque nela esta enterrado o apóstolo Santiago, de aí o seu nome.

Unha vez finalizada a revolta. Os nobres voltaron as súas posicións e vingáronse dos campesiños obrigándoos a reconstruíren todos os castelos derrubados. Pero mais tarde coa política centralista dos reis católicos, a nobreza galega perdeu poder e foise extinguindo. Coa represión dos irmandiños Galicia renunciou a ser gobernada por burgueses como se faría no vindeiro século na maioría de Europa.

Como podedes ver, xa antes da Revolución Francesa houbo un pobo que se rebelou contra os tirans e loitou polos seus dereitos, aínda que a revolta non tivo éxito. e Galicia tivo que esperar ata metade do século XIX para comezar outra vez a rebelarse, pero de maneira escrita, non bélica.


domingo, 8 de novembro de 2015

O fillo de Viriato

Viriato era un nativo da provincia da Lusitania. Cando os romanos tentaban dominala, este incitaba a seu pobo mais aos pobos veciños a sublevarse contra o dominio extranxeiro, e isto funcionou ata que uns lugartenentes seus asasinarono mentres durmía, incitados por un cónsul romano.
Como consecuencia disto os romanos dominaron Lusitania.


Mapa das provincias romanas en Hispania.

Pero, Viriato tiña un fillo, chamado Viriatiño que por aquela contaba con 17 anos. Cando asasinaron ao seu pai fuxiu da provincia hacía o norte, aínda sen dominar, pois a súa vida corría perigo porque tanto os romanos coma os lugartenentes querino matar por ser fillo de Viriato.

Viriatiño cruzou o río Miño e instalouse nun castro preto do río Limia. Alí contoulles aos castrexos que había xente extranxeira dominando a súa terra e que pronto chegarían a esas terras, amais contoulles o que lle acontecera a seu pai. Pola noite Viriatiño pensou unha cousa, faría o mesmo ca seu pai, adicaríase a previr aos pobos sen conquistar, así, cando chegasen os romanos xa estarían preparados para combatilos.

Pasaron os meses. Unha tarde Viriatiño estaba cos castrexos/as recollendo castañas a beira do río Limia cando viu uns lexionarios romanos acampando ao lonxe da outra beira do río. Por sorte ese mesmo día comezou a chover con moita forza e o caudal do río encheuse e os romanos non puideron cruzar. Xa pola noite, Viriatiño díxolles aos castrexos que aqueles homes da outra beira eran os romanos. Entón a xente comezaba a prepararse para a guerra, incluso as mulleres. Viriatiño lembrouse de que os romanos eran moi supersticiosos e inventou unha mentira para evitar que os romanos cruzasen.
Pola maña cedo, o poboado enteiro dirixiuse a beira do río e ao pouco apareceron os lexionarios a outra beira dispostos a cruzar. O druída do castro narroulles a historia inventada por Viriatiño en latín, pois Viriatiño sabía algo. O druída  díxolles que se cruzaban o río esqueceríanse de todo. Entón os lexionarios voltaron para o campamento.
O xefe dos lexionarios non quedou moi convencido e unha noite acenderon as antorchas e foron a beira do río. O xefe cruzou primeiro e xa dende a outra beira dixo o nome de cada un dos seus lexionarios demostrando que o que dixeran os castrexos era mentira.



 
 Río Limia

Unha vez cruzados todos decidiron atacar, saquear e queimar o castro, e así foi. Morreron todos agás Viriatiño que escoitou galopar os cabalos e fuxiu a toda présa sen darlle tempo a dar a voz de alarma.

Viriatiño foi advertindo por todos os castros da actual Galicia que as súas terras, as súas familias e os seus fogares corrían perigo. Ao final instalouse nun castro preto do actual Cabo Fisterra. Alí acollerono bén e coñeceu a unha rapaza coa que casou, que era filla do xefe do castro. Cando o seu sogro morreu, el foi nomeado xefe do castro. E advertíulles o mesmo que xa lle tiña advertído a moitos castrexos dese territorio. Que unhas xentes extranxeiras chamadas romanos andaban a conquistar o territorio e que non tardarian en chagar alí.

Pasaron os anos. Viriatiño xa tiña 25 anos, e a súa muller esperaba un fillo. De súpeto, un día apareceron as lexións romanas. Pero a sorpresa de Viriatiño foi que as lexións eran moitisimas e ademais ian moi bén armadas. A Viriatiño pesoulle moito como xefe do castro ter que dicirlles aos castrexos que tiñanse que someter ao poder dos romanos, a pesares de que entrenaran para loitar. E así foi.

Os castrexos deste castro máis os dos castros veciños foron obrígados a vivir en cidades cos romanos.
Viriatiño non se acostumaba a vivir na cidade. Un día camiñando pola rúa topouse cunhas persoas que non olvidara xamáis. Resulta que topou cos lugartenentes que asasinaran a seu pai. Eles ian vestidos de lexionarios polo que Viriatiño deduciu que adedicábanse a conquistar cos romanos e tamén que eles non se lembraban del.
Viriatiño non o pensou dúas veces e aínda que o condearan a morte xurouse a si mesmo que vingaría a morte do seu pai.

Viriatiño organizou revoltas castrexas na cidade e coa axuda duns castrexos colleu os lugartenentes e atounos a unha columna de madeira no medio do Ágora da cidade e queimounos vivos. Isto fixo que os romanos o levarán preso xunto cos castrexos que o axudarón. O pretor da provincia mandou unha carta ao emperador contandolle o sucedido, cuxa resposta foi que executaran a Viriatiño e aos castrexos que o axudaran. Pero Viriatiño dixo  que só o executaran a el pois el foi o que tramara a vinganza e organízara as revoltas. O pretor aceptou e Viriatiño foi levado as afóras da cidade, ao actual Cabo Fisterra. Alí íanlle clavar un gladio no costado. Cando ía o lexionario a proceder Viriatiño dixo: "Prefiro quitarme a vida antes de que ma quite un romano e me avergoñe diante do meu pobo", e Viriatiño tirouse por un acantilado e morreu.

Cabo Fisterra

Aos poucos días disto, o fillo de Viriatiño foi asasinado por orde do pretor e así evitar unha futura vinganza como o caso do seu pai. A muller de Viriatiño e os castrexos que o axudaran na vinganza foron levados a Roma e alí foron vendidos como escravos. A muller foi parar a casa dunha familia de patricios no Fayum (actual Exipto). Os castrexos morreron no Coliseo porque foron botados aos leóns.



Entrevista a un castrexo

Na cidade de Roma, corríase o rumor de que na provincia da Gallaecia, que xa estaba dominada e romanizada, os castrexos queixábanse do dominio romano. Entón, un escritor romano chamado Ovidio desprazouse ata a cidade de Lvcvs Avgvsti (actual cidade de Lugo),  nesta mesma provincia. Movido pola curiosidade. Ovidio reuníuse cun ancián castrexo e fíxolle unha entrevista para despois lela na Ágora da cidade de Roma.

Ovidio: Avec, Areazubix, din na capital do Imperio que nesta provincia vos queixades do dominio dos romanos. É iso certo? e de ser así por que?

Castrexo: Avec, home romano. Eu que son un ancián pros teus ollos, xa non me queixo de nada. O que sí che poido contar é a miña experiencia como primeiro nado cidadá deste asentamento. Meus pais naceron libres como fillos da terra e eu nacín xa coma fillo cautivo do Imperio. Penso que unha persoa coma vostede xa entenderá o que quero dicir.

O: ¿Vos dicides que nos os romanos saqueamos os vosos castros, que ten algo de veracidade, aínda así por que nos tedes tanto odio, pois nos trouxemosvos bos inventos?

C: Non creo que sexa odio, se  fose así non estaríamos aquí a falar. Os nosos pais non están aquí para opinar. O Imperio trouxo calzadas, impostos, governantes e demais cousas que nós xa tiñamos adaptadas a nosa vida cotiá, mais a vosa forma de vida foi imposta.

O: ¿Como foi a situación ou vida das vosas mulleres e fillos, nos vosos castros?

C:  Miña nai naceu nun castro e a diferenza das miñas veciñas tiñan voz e voto nas cousas que tiñan que ver co poboado e a sociedade. Os nenos, fosen homes ou mulleres, nacían iguais  uns aos outros.

O: ¿Como vos afixechedes a vivir fora dos castros?

C: Non nos afixemos, foi a realidade que coñecemos. A pregunta podería ser como se afixeron os nosos devanceiros a vivir fóra dos castros. Os meus avós contáronme que foron expulsados do seu castro, para facer os pozos necesaríos para derrubar a montaña na que se situaba o castro e coller o ouro. Os meus avós nunca aprenderon a vivir na cidade, e ademais ríanse deles polas súas alabanzas ás pedras e tamén pola pronunciación que tiñan do latín. O meu avó morreu coa pena de non voltar nunca a súa terra.

O: Polo que lin dos traballos dos meus mestres, a vosa sociedade non ten man de obra escrava, nen interés por ampliar o territorio. ¿A que se debe este motivo?

C: Porque non crían en que a terra fora de ninguén, e como somos fillos da terra non temos poder sobre ela. Na lingua dos meus devanceiros non existe o pronome "ego", existe o pronome "noster", é dicir, non existe o culto ao individuo senón o culto á vida en comunidade.

O: ¿Que opinión ten vostede sobre as futuras xeracións de pobos castrexos, e tamén da súa cultura?

C: Non teño opinión porque xa non queda nada da cultura castrexa, todo o que poden vivir os meus netos non é mais ca unha pobre sombra do que foi e puido ser. A pesares de non estar prohibido o culto aos antigos deuses, cada xeración ve unha maneira máis vergoñosa a sabedoría dos seus devanceiros.

Ovidio compartiu a súa experiencia na Ágora de Roma, onde foi felicitado e apraudido polos patricios. Malia isto nos séculos posteriores a cultura castrexa perdeuse por completo en Galicia. Pequenas reminisciencias quedaron grabadas nos nomes de pobos e antigos lugares de culto, polo que non toda a sabedoría daquela xente foi ignorada.


domingo, 1 de novembro de 2015

Os castrexos de Fene

A seguinte historia transcorre na parroquia de Perlío, no actual concello de Fene , no castro de Cardoeiro (hoxe desaparecido).
Antes da chegada dos romanos vivían neste castro unhas cen familias castrexas. Os días transcorrían con normalidade, os homes saían do poboado a cazar, as mulleres tecían e coidaban dos fillos e fillas e  facíanse cerimonias relixiosas.

Mais un día polo S.I.a.C todo cambiou. Dende os castros veciños que se espallaban arredor da Ría de Ferrol, viron que pola boca da ría entraban unha flota de barcos extranxeiros. Os castrexos quedaron abraiados pois eran barcos de dimensións espectaculares, que comparados coas súas pequenas embarcacións  gañábanlles amplamente.
Os xefes dos poboados andaban coa mosca tras da orella, pois esas xentes que entraban na ría eran extranxeiros e non podían querer nada bo. Os barcos atracaron na actual praia de San Valentín. 
Praia de San Valentín (Fene)


Esas xentes fóraneas comezaron a explorar o territorio cara ao seu interior, entón os habitantes  do castro de Cardoeiro, mais perto da praia, foron loitar contra esas xentes que dicían chamarse romanos e todos eles eran homes que querían conquistar esas terras en nome de Roma.
Os castrexos non podían consentir ser dominados por outros pobos e tampouco que lles arrebatasen as súas terras, terras dos seus antepasados. Entón os homes e mulleres castrexos loitaron contra os romanos, que non conseguiron dominar esas terras e marcharon co rabo entre as pernas.


Pasou o tempo e un día, de súpeto, os castrexos viron chegar uns vinte barcos coma os dos romanos entrando pola boca da ría, 
  
Ría de Ferrol


entón volveu a estalar a guerra, pero cando os homes do castro de Cardoeiro baixaron dispostos a espantalos de novo topáronse con que eran máis de cincocentos homes liderados por Xulio César, entón voltaron para o castro.

Os romanos estableceron un campamento na praia de San Valentín e comezaron de novo a explorar e a tentar conquistar. O xefe do castro de Cardoeiro consultou co Druída do poboado e este díxolle que se reunira a todos os castros veciños e lle declararan a guerra aos romanos.
Unha vez reunidos os castros de Cardoeiro, Barallobre e Sillobre, foron contra os romanos e asaltáronos en plena noite, pero a pesar disto os romanos non se renderon e seguiron contra os castrexos, pero era inútil pois os castrexos eran máis fortes e coñecían mellor o terreo. Entón os romanos quixeron chegar a un acordo.


Os castrexos daríanlles todo o seu ouro e eles marcharían, pero estes negáronse e continuaron pelexando contra eles ata que ao final acabáronse por render e marcharon. Pero tentaron someter aos castrexos veciños, espallados polos arredores da ría de Ares e Betanzos, estes xa estaban preparados para loitar, pois corría o rumor de que os romanos estaban a conquistar os territorios veciños. Efectivamente os romanos foron derrotados e estes pobos non foron romanizados.

Os romanos dominaron toda a actual Galicia que xunto co oeste de  Castela-León, Asturias e o Norte de Portugal formaron a provincia da Gallaecia

Mapa da provincia da Gallaecia

pero faltaba por incorporar as zonas das Rías de Ferrol, Ares, Betanzos, cuxos pobos resistíanse a ser sometidos. Entón firmouse un pacto romano-castrexo, polo cal esas tres rías e máis os seus arredores pertencerían aos pobos castrexos e denominariase Artabria e ao conxunto de pobos, ártabros.

Os ártabros unha vez firmado o pacto construíron unha muralla de pedra para separa o seu territorio dos seus veciños romanos e asi evitar posibles problemas a maiores por mor das terras ou por se os romanos querían raptar as súas mulleres co fin de renderse e ser sometidos por eles. Os habitantes deste territorio comerciaban cos romanos plebeos e polo tanto adquiriron algunha costume da cultura romana. Cambiaron a cervexa polo viño, para cociñar sustituiron a manteiga de porco polo aceite de oliva da Bética e tamén os produtos castrexos alcanzaron certo prestixio na provincia, coma as castañas que a parte de facerse fariña con elas os romanos  tomábanas asadas na festa do Samain, de orixe castrexa.

O territorio entrou a formar parte do Imperio Romano de Occidente no S.III.d.C. Non por que quixeran os seus habitantes senón porque as circunstancias da época obrigáronlles a facelo, a terra non daba boas colleitas e tiveron que expandirse asemade Roma había de tentar invadir o seu territorio e como non estaban para unha guerra decidiron unirse ao Imperio.

O castro de Cardoeiro perdurou ata os anos 70 do século pasado, cando o derrubaron para edificar no solar que ocupaba.
Tamén desapareceu o cemiterio que posuia este castro, as chamadas "Pías", cando se empezou construir o moderno estaleiro ASTANO, hoxe Navantia Fene. A súa lembranza perdura no nome que as xentes da zona deron á ponte que dende os anos 60 do século XX une ambas marxes da ría, a ponte de "As Pías".